venres, 2 de outubro de 2015

Vendima


Como xa sabedes, dende o colexio quixemos ser partícipes nunha tradición tan nosa como a vendima. Ao longo da semana fomos recolectando uvas, uvas e máis uvas. Algo que debemos agradecer a tódalas familias, coa vosa axuda fixestes posible este día.


Cando por fin chegou o venres puxémonos mans á obra: sacamos zapatos e calcetíns, remangamos pantalóns e armámonos de valor para realizar o traballo que tiñamos encomendado: ESMAGAR AS UVAS!! Ante este feito cada quen reaccionou a súa maneira, uns amosáronse encantados coa idea e outros un tanto desconcertados pero podemos afirmar que tivemos unha maña moi entretida e divertida. 

 






1 comentario:

  1. Andrés veu encantado explicándome cómo pisara as uvas!!!! Tal e como o contou creo que foi toda unha experiencia para el!!!

    ResponderEliminar