xoves, 31 de maio de 2018

Estados da agua.

Hoxe exploramos o estado sólido e líquido ( frío-calor) da auga. Primero tocamos cubiños de xeo, e despois botámolos nun barreño con auga quente e vimos como se derretían e finalmente desaparecían!!!

martes, 29 de maio de 2018

Psicomotricidade fina

Hoxe estivemos traballando a motricidade fina: clasificamos figuras xeométricas, colocamos pezas de pincho nun panel de cores, ensartamos bolas, cadrados e círculos...

Psicomotricidade.

Hoxe en psicomotricidade xogamos a ser cabaliños e a trotar coma eles!!!  Pasámolo xenial!!!

xoves, 24 de maio de 2018

Motricidade fina.

Onte traballamos a motricidade fina. Pintamos unha frauta con bastoncillos. E tamén estivemos explorando telas de diferentes texturas.

martes, 22 de maio de 2018

Xogo heurístico.

Hoxe estivemos explorando botellas de plástico. Xogamos a enroscar e desenroscar tapóns!!!

venres, 18 de maio de 2018

Aniversario de Gabriel

O domingo Gabriel cumpreu tres aniños..e hoxe  celebrámolo no Cole. Parabéns Gabriel!!!

luns, 14 de maio de 2018

Exploración con auga!

Hoxe estivemos explorando coa auga. Trasvasamos auga cunha xerra dun recipiente a outro. Pasámolo xenial!!!

venres, 11 de maio de 2018

Xogo simbólico

Hoxe estivemos nós preparando comidas!!!

Horta e Parque

Onte fomos a horta e tamén ao parque!! Qué ben nos senta saír a fora!!

Expresión musical!!!

Hoxe tivemos clase de música. Tocamos os instrumentos de percusión: castañolas, cascabeis, cunchas, crótalos, pandeireta, maracas... Ademáis dende hai unhas semanas estamos ensaiando para o festival e estamos a bailar un montón!!!

Aniversario de Ezequiel!


Hoxe celebramos o aniversario de Ezequiel, que xa cumpleu 2 aniños!!!
Parabéns guapo!!!!