mércores, 23 de decembro de 2020

Actividades varias

Boas familias !!

Estes días estivemos decorando as caixas que xa levamos para a casa cos agasallos....


 


Comezamos a traballar a estación do inverno: con prendas de inverno e facendo un boneco de neve....





Clase de Arte...intentamos facer unha obra como a do cadro con cadrado e   tamén xogamos con cubos na mesa de luz...




Falamos con Papá Noel...


E vimos o conto: Os tres porquiños....





👋👋👋👋



luns, 21 de decembro de 2020

Boneco de neve.

Hoxe, para celebrar a chegada do inverno, fixemos un boneco de neve con tapóns.




xoves, 17 de decembro de 2020

Nadal.

 Seguimos coas actividades adicadas ao Nadal. Hoxe fixemos unha árbore pegando papeliños e boliñas de papel.




mércores, 16 de decembro de 2020

Actividades variadas.

 No que vai de semana vimos a cor amarela, o círculo e tamén exploramos e xogamos con adornos navideños.





luns, 14 de decembro de 2020

Achégase o inverno...

 Hoxe falamos do inverno: o frío, a neve, a roupa de abrigo...E fixemos un boneco de neve. Primeiro fixemos boliñas de papel e despois pegámolas no boneco.



venres, 11 de decembro de 2020

Seguimos coas manualidades do Nadal ( entre outras cousas)!!

 Boas familias!

Esta semana rematamos os bonequiños......





Falamos do inverno...frío...neve...




Fixémoslle a carta para os Reis Magos...





E decoramos unhas estrelas de Nadal....


Para a semana mais...

Feliz finde!!!😃😃



SEMANA DAS MANUALIDADES DE RECICLAXE


 Esta semana estivemos traballando coas cousiñas que trouxestes da casa. Espero que vos guste a ventaniña desta semana.






xoves, 10 de decembro de 2020

Formas xeométricas.

 Levamos un par de días xogando coas formas xeométricas: Círculo, cadrado e triángulo. Hoxe pintamos círculos con tubos de cartón e tamén fixemos un xogo de clasificación, buscamos formas iguais e colocamos según corresponde.





venres, 4 de decembro de 2020

Actividades navideñas

Boas familias!

Esta semana estivemos a traballar en actividades relacionadas co Nadal.

Rematamos as árbores que non nos dera tempo de rematar o venres...


Pintamos con esponxas unhas árbores ..


Aprendemos a envolver agasallos...



Decoramos os adornos para o mural ...



E este é o resultado ...


Tamén decoramos a porta da nosa aula...


E hoxe empezamos a facer uns bonequiños cos rolos de papel hixiénico ...



E aínda nos quedou tempo para cantar e bailar panxoliñas...

Feliz fin de semana a tod@s!!!

ESTA SEMANA XA SE RESPIRA NADAL

Na ventaniña de hoxe, vaivos un pouquiño de todo!! Desde traballos brilli- brilli-, ata nenos que Lles encantan os animais, e colaborar nas tarefas da casa💗






Taller de música: maracas.

 Hoxe tivemos taller de música. Elaboramos unhas maracas moi chulas. Con arroz e gomets fixeron unhas maracas moi vistosas.

Despois escoitamos o sonido dos instrumentos de percusión.




xoves, 3 de decembro de 2020

Arte: Edgar Degas.

 Hoxe vimos un cadro de Edgar Degas "La estrella". Neste cadro sae unha bailarina. Replicamos o cadro e fixemos a nosa propia bailarina... solo que un pouco máis moderna!

Pintamola con ceras brandas e puxémoslle un tutú azul brillante! Para rematar vimos un vídeo no que bailaban unhas bailarinas de ballet...e intentamos bailar un pouco coma elas...😊

Despois fixemos construccións.







mércores, 2 de decembro de 2020

Decoramos el aula.

 Hoxe realizamos unha guirnalda para decorar a clase. Fixémola pegando papeis. E rematamos de decorar a aula.

Gustavos como quedou???