venres, 26 de febreiro de 2021

Miscelánea

 Ahí vos vai a ventaniña desta semana. Coma sempre, distintos traballos e sensacións. Convertemos o mindfulness nunha práctica habitual no noso cole porque descubrimos un novo mundo con elo.










xoves, 25 de febreiro de 2021

Empezamos cos semilleros: onte prantamos chícharos e tirabeques

 Bos días!

Onte prantamos semillas de chícharos e tirabeques ...



Logo regamos ......



                          E agora estaremos pendientes a ver qué pasa.....



mércores, 24 de febreiro de 2021

Pintamos con ramas.

 Seguimos probando diferentes técnicas de expresión artística. Hoxe utilizamos ramas de pino. Mirade como nos quedou!



martes, 23 de febreiro de 2021

Expresión plástica.

 Hoxe decoramos unha maceta pintando con bastoncillos, iniciándonos así na técnica do "puntillismo" ( pintar facendo puntos). Traballamos as nocións grande/pequeno e as cores.








luns, 22 de febreiro de 2021

Botellas sensoriais ou botellas da calma

 Bos días!

Hoxe, seguindo coas actividades de descubremento sensorial vamos a facer botellas da calma. 

Solo necesitamos: auga quente, pintura, cola e purpurina.

Vannos a servir como mecanismo de relaxación, que as veces nos fai moita falta!!!!😁😁😁

Mirade, mirade.....





domingo, 21 de febreiro de 2021

Teatro de marionetas

 Bos días!!

O venres tivemos na aula unha actividade que nos encantou: un "teatro de marionetas" de Carapuchiña Vermella. 

Con este tipo de actividades estamos fomentando a creatividade, desarrollamos a imaxinación e tamén incrementamos a capacidade de atención.









E despois animámonos nós a contalo conto....




venres, 19 de febreiro de 2021

Motricidade fina e música.

 Hoxe traballamos a motricidade fina. Insertamos pedriñas por unha ranura. Despóis tocamos instrumentos de percusión: maracas, tambor, claves, caixa china, cunchas, crótalos....traballamos así vocabulario musical e comezamos a diferenciar os sonidos dos diferentes instrumentos.



xoves, 18 de febreiro de 2021

Reforzamos motricidade fina!!

 Ola familias!!

Estivemos traballando a motricidade fina insertando un trozo de lá nuns tubos. Ata ahí ben, pero a profe complicounos o tema cando nos dixo que tiñamos que facer o mesmo pero con macarróns!!!














Formas xeométricas

 Bos dias!


Hoxe estivemos traballando distintas formas: círculo, cadrado, estrela e triángulo que colocamos nas siluetas correspondientes. Mirade que ben o facemos!!!










Rincón do verde.

 Hoxe preparamos o noso rincón da cor verde: pegamos recortes, gomets, pintamos con pincel e coas mans. Despois xogamos con Lucrecia e cambiamoslle  a cara, pero hoxe non debía de ter bo día...quedounos entre asombrada e asustada...😱😨






Traballamos con globos de distintas cores

 Bos días!!

Onte tivemos clase de Arte: tocounos traballar a G. Klimt. e o seu árbore da vida.



E traballamos as emocións con globos de cores.

O amarelo representa a alegría, o azul a tristeza, o vermello a rabia e o enfado, o verde a calma e o negro o medo (ainda que para representar o medo utilizamos o branco coa carita en negro).

Gustounos moito. E a verdade e que temos bastante ben asimilado que emoción representa cada cor....





E esto é todo !!!👋👋👋

venres, 12 de febreiro de 2021

Festa de Entroido!!!

 A pesar de que este ano a pandemia non nos permite facer a nosa típica festa de disfraces coas familias, igualmente decidimos disfrazarnos cos nen@s, e que polo menos, eles poidan disfrutar deste día!

Retrocedimos moitos anos no tempo e disfrazamonos de trogloditas, en concreto dos Picapedra!!! Quen non se acorda desta peculiar familia??

Aquí vos deixamos un mostriña do ben que o pasamos hoxe!!!

Daba-daba-dú!!!!!


                   











SEMANA DE ENTROIDO






 Esta semana estivemos máis exploradores e estivemos traballando cos nosos sentidos. A ver que vos parece esta ventaniña.