domingo, 31 de maio de 2020

EDGAR.

Aquí  vos  deixo os traballos desta semana de Edgar: IOGA e as PRENDAS DE ROUPA.
MOI BEN CAMPEÓN!!!👏👏👏😘




venres, 29 de maio de 2020

EMILIO.

Aquí vos deixo os traballos de Emilio: traballou as formas xeométricas, as profesións, as cores....
Moi ben campeón!!!👏👏👏👏😙


Aula bebés. Conto

Ola. Hoxe para rematar a semana deixovos un pequeno conto que espero que vos guste moito. Bo finde🤗

https://youtu.be/eQGABAQqFRY

LECTURAS SAUDABLES...

Bos días:
Hoxe propoñovos 2 lecturas relacionadas cos alimentos saudables. E unha canción sobre un dos contos. Espero q vos gusten!!!!

Non perdamos o ritmo!! 🎵🎵🎶🎶🎤🎤

Bos días!!

Hoxe toca música!!  Escoitamos e bailamos!!!!😉😉😉

Aquí vos deixo unhas cancións que aos peques lles van a gustar.....














Espero que vos gusten....
Boa fin de semana!!!!!

xoves, 28 de maio de 2020

Parabéns a Lucas P.

Boas  tardes!!!
Quero felicitar a Lucas P. que tamén está de aniversario en Maio. Fai 2 aniños!!!!!
Cómo aínda estaba en adaptación non teño fotos.......
Parabéns campeón!!!!👏👏👏👏

Cal non pertence ao grupo???

Bos días:

Hoxe propoñovos unha actividade na que tedes que buscar cal é o elemento que non pertence ao grupo.

Podedes rodear ou pegar un gomet enriba da opción correcta.







Motricidade grosa

Bos días!!!


Vamos a traballar a motricidade grosa.
Primero seguimos estes camiños cos coches.....



E despois somos nós os que temos que seguir as distintas cores....



É moi sinxelo, xa veredes....
Que pasedes un bo día!!!!

mércores, 27 de maio de 2020

Aula bebés. Maracas caseiras

Hoxe vouvos propoñer que fagades unhas maracas caseiras. Colledes unha botella de auga pequena e enchédela ata a metade,máis ou menos, de legumes ou pedriñas como fixen eu. Logo tapadela e decorádela ó voso gusto. Cando rematedes só queda movela moito para que faga moito ruido 🎶👏 Espero q vos guste e coidarse moito.🤗

Aula bebés. Caixa das sorpresas

Ola familias. Hoxe vouvos propoñer unha actividade para facer con vosos pequechos. Conssiste en encher unha caixa con diferentes xoguetes e que eles os vaian sacando e vós mostrándovos sorprendidos, lle vaiades decindo o nome do que van sacando. Acórdádevos de non meter pezas pequenas e evitar que as metan na boca. A divertirse.🤗😘


EXPRESIÓN PLÁSTICA.

Bos días:

Hoxe propoñovos unha actividade de expresión plástica. En concreto 2 técnicas diferentes de estampación.

1. Estampación con follas.

2. Estampación con globos.


Como podedes  ver, o resultado é superchulo!!!




FROITAS 🍓🍌🍐🍎

Bos días!!!

Hoxe vamos a repasar as froitas....fixándonos nas metades......



E depaso as cores....


Saudiños!!!!

martes, 26 de maio de 2020

EDGAR.

Edgar estivo traballando un montón nestes días. Aquí vos deixo un video para que poidades velo.
Moitas gracias Edgar por compartilo con nós!!!👏👏👏👏👏😙



Trazos e asociacións.

Bos días:

Hoxe propoñovos unha actividade para asociar elementos que son iguais e para realizar trazos.
 Aquí  vos deixo unha mostra de diferentes actividades  que podedes realizar.




Os animais

Bos días!!!

Hoxe vamos ver uns contos de animais.....



E traballamos os conceptos grande- pequeño, unindo estés animais coa súa mamá.


E unimos........




Saúdos familias!!!!

luns, 25 de maio de 2020

Aula bebés. Cor rosa

Hoxe vamos a aproveitar que fai
moita calor e pintamos un xelado de fresa que xa apetece comerse un. 😋 Que rico. A ver q tal vos sae. Coidarse moito.🤗






Aula bebés

Ola. Hoxe quixera felicitar a Yaiza que hoxe cumple o seu primeiro aniño. Moitos parabéns corazón. Que teñas un fermoso día.🎂🥳👏

AS CORES.

Bos días:
Hoxe  imos repasar as cores, co noso xa coñecido: "Monstruo de colores".
Como xa sabedes, o "monstruo de colores" ponse dunha cor ou doutra en función  do seu estado de ánimo. Entón vouvos deixar diferentes imaxes do monstruo para que o decoredes da cor que lle corresponda.
- Vermello: enfado.
- Azul: tristeza.
- Verde: calma.
- Amarelo: alegría.
- Gris: medo.
- Rosa: amor.
- Colorines: confusión.

Podedes utilizar as técnicas que prefirades: pintar con ceras, con esponxas, cos dedos, con algodóns, pegar papeis...Incluso podedes facer cada monstruo utilizando unha técnica  diferente.

Espero  as vosas creacións!!!😉











Formamos parellas

Bos días!!!

Hoxe vamos a traballar o concepto de "igual" formando parellas.....






Espero que vos gusten as actividades....
Saudiños!!!!

venres, 22 de maio de 2020

As prendas de roupa 👙👖👗👒👕

Bos  días:
Hoxe imos diferenciar as prendas de roupa de inverno e de verán, ou o que é o mesmo a roupa que poñemos cando fai frío, e a que poñemos cando fai calor.
Podemos realizala de 2 formas:
1. Pintamos e recortamos prendas de roupa e colocamolas ou ben nun mural ou en 2 caixiñas, unha para a roupa de inverno e outra para a de verán.


2. Outra opción  e facelo con prendas de roupa que teñamos  pola casa ( bufanda, gorro, guantes,abrigo, bañador, chanclas, vestido ... ) Poñemos 2 cestas ou caixas e identificamolas con un sol e un boneco de neve  respectivamente e despois imos colocando as diferentes prendas onde corresponda.

Escollede a opción que máis vos guste e se vos apetece facer as 2 pois mellor que mellor!!!
Espero os vosos traballos!!!😉



Aula bebés. Canción.

Ola. Hoxe toca repaso. Aquí tendes unha canción para repasar as partes da cara. É unha canción moi coñecida e que espero vos guste moito. Boa fin de semana🤗.


Árbore xenealóxica

Bos días!!

Hoxe vouvos a propoñer un traballo sobre a familia. Podedes realizar unha árbore xenealóxica.
Deixovos algún exemplo pero hai moitas variedades...podedes facer a qué máis vos guste....



Espero os vosos traballos!!!!!😉😉😉😉
Saudiños.......e feliz fin de semana!!!!

mércores, 20 de maio de 2020

EDGAR.

Aquí vos deixo os traballos de EDGAR desta semana. Moi ben campeón!!!!👏👏👏👏😘


Aula bebés. Os sons dos animais

Ola familias. Hoxe toca conto. A ver se vos gusta!!! Seguimos en contacto🤗

Actividades varias.

Bos  días:
Hoxe propoñovos unha serie de actividades de motricidade fina e de lóxica matemática   que me parecen interesantes e divertidas para os nen@s. A ver que vos parecen...








Asociamos colores

Boas familias!!

Hoxe vamos a repasar as cores....
Aquí vos propoño unha serie de actividades....






Saúdos familias!!!!

martes, 19 de maio de 2020

ORIOL.

Aquí vos deixo o arco iris que fixo Oriol con pompóns.
Está chulíííísimo!!!👏👏👏 😍



Motricidade grosa: YOGA

Bos días:
Hoxe imos  xogar a intentar facer diferentes posturas de ioga. Algunhas son sinxelas pero outras son bastante complicadas...
Cales sodes capaces de facer??
Se queredes, podedes sacar fotos daquelas que sodes capaces de facer e enviarmas!!!!
Animadevos a xogar que é superdivertido!!!


Animais mariños 🐋🐡🐠🐙🐬

Boas familias!!

Hoxe vai de animais, concretamente: animais mariños.....





Aquí vos deixo un vídeo musical moi chulo!!!😉😉


E tamén uns debuxos para colorear.....






Moitos bicos!!!!!! 😗😗😗😗
Saudiños!!!!