venres, 28 de setembro de 2018

Outono

Sabedes qué? As follas das árbores cambian de cor no outono e ademais caen no chan. A nós encántanos descubrir novas cousas sobre todo se podemos converter a nosa clase nun bosque con moita vida!!

Exploramos follas secas

Antonte pintamos una cabaza cos dedos e hoxe exploramos follas secas. Tocámolas, troceámolas, vemos a súa textura...

mércores, 26 de setembro de 2018

Exploración con follas e piñas.

Hoxe exploramos follas secas e piñas. Pasámolo pipa!!! E onte en medioambiental falamos do contenedor amarelo, que é onde se botan os envases de plástico. E fixemos o noso propio contenedor. Xa temos o azul e o amarelo!!!

luns, 24 de setembro de 2018

E comenzamos de novo

Están a ser uns días do mais entretido. Uns empezamos e cóstanos un pouquiño máis, e outros seguimos cos nosos compis dende hai 3 anos. Moito xogamos e traballamos!!!

venres, 21 de setembro de 2018

Aniversario de Marcos

Ainda que con retraso, hoxe celebramos o cumple de Marcos. Parabéns pequecho xa tes 1 aniño!! 🎂🎂

Actividades varias

Esta semana, entre outras cousas: pintamos cos dedos e experimentamos con cabaza. A algún eso de manchar as mans non nos gustou moito...pero cando traballamos coas bolsiñas de xogo sensorial i exploración que contiñan  cabaza....gustoulles a todos.

Aniversarios de Emma y Nico C. y Vera!!!

🎂🎂🎂Comezamos ca tempada de cumples. Parabéns a todos!!!

xoves, 20 de setembro de 2018

Mural de círculos!

Onte traballamos o círculo. Vimos círculos grandes, pequenos e de diferentes cores e despois pegámolos nun mural. Quedounos moi chulo!!!

Exploración con cabaza!

Hoxe estrenamos as bolsas de exploración. Enchémolas de cabaza cocida. E encantounos aplastala coas mans!!!