venres, 27 de novembro de 2015

martes, 24 de novembro de 2015

Aula Patri.

Esta semana traballamos un montón de cousas. Pintamos  con ramas, coas mans, reciclamos plástico, exploramos con pedras a encher e baleirar bandexas, tivemos informática. .. e tamén veu un chico a sacarnos unhas fotos nas que saímos guapísimos!!!

Yellow container

Hoxe aprendemos a coidar os bosques cando imos de visita, e a reciclar o plástico no contenedor amarelo. Qué divertido andar co lixo!!

luns, 23 de novembro de 2015

Flotabilidade dos tapóns de cortiza.

Hoxe botamos tapóns de cortiza en auga e observamos que non van para o fondo, senón que flotan. Tamén vimos a diferencia entre seco e mollado...
Como nos gusta meter as mans na auga, je,je..

venres, 20 de novembro de 2015

Aniversario de MIA.

Hoxe celebramos o aniversario de Mía. Comemos gusaniños e biscoito!!!
Que ben o pasamos!!!
Parabéns  MÍA!!!

mércores, 18 de novembro de 2015

Aula Patri.

Hoxe fixemos un mural da mascota da aula. E pintamos coas mans; de vermello a galiña e de amarelo os pitiños!!!!
Mirade que ben nos quedou!!!

Carta despedida de María

Aproveito este blog para despedirme, con moita tristeza, de todos os papás, mamás, avòs...cos que durante estes meses de traballo na Escola mantiven contacto case a diario.
Foi un pracer poder compartir con vòs a educación dos vosos nenos-as durante este tempo, foi estupendo.
Gracias polo voso apoio e colaboración.
Benvidas Patri e Arlette.
Ata sempre!!

Bicos, Maria.

martes, 17 de novembro de 2015

Aula Patri.

Este mércores tocounos explorar con pedras e botellas, xogamos a meter as pedras dentro das botellas e despois a sacalas.  Desta maneira traballamos os conceptos dentro - fóra. Pasamolo pipa!!!
Ademáis, os maiores pintamos cos rotuladores e pegamos gomets nunha ficha de outono....
Que cansos acabamos hoxe!!!!

Pintamos un bosque

Hoxe na clases de medioambiental, os nenos da aula de Arlette pintamos un bosque!! Qué divertido despois do contó que nos leu a profe!!!

luns, 16 de novembro de 2015

Aula Patri.

Os máis pequerrechos da clase tamén traballamos un montón!!! Agora estamos a traballar a cor vermella. Para iso, hoxe pintamos un tomate con esponxas. Mirade que chulo nos quedou!!!

Reciclamos!!!!

Empezamos a traballar o tema da reciclaxe. A profe ensinounos que os residuos coma o cartón e o papel, hai que tiralos no contenedor azul. Por iso, puxemonos mans a obra e pintamos o noso propio contenedor azul e rematamos a tarefa pegando un anaco de cartón dentro de dito contenedor.

domingo, 15 de novembro de 2015

OS CANTAXOGOS

Xa é venres!! Yujuuuuu! Esperamos que disfrutarades o finde!!



MANEXAMOS O RATO

Parece sinxelo, pero non. As nosas manciñas aínda non están preparadas para facer movementos moi precisos , pero abofé que este é un bo entrenamento. A mais de todo, aprendemos, cores, nocións e discriminación de obxectos dentro dun grupo. Cántas cousas nun só día e sen darnos conta!!! Pasámolo pipa!!

EL PRIMER DÍA CON ARLETTE


Foi un día moi tranquilo a verdade. fixemos algunha ficha de recuperar e xogamos moito coa profe para integrarnos mais con ela. A nosa profe fala un pouco raro, todo en inglés, pero fai tantos xestos e ensínanos tantas imaxes, que o entendemos case todiño.
 A verdade que María fixo un traballo xenial. Imos soiños a todo! E que xa somos os maiores do cole!! Bicos María ata a próxima!!

mércores, 11 de novembro de 2015

Aula Patri

Hoxe foi o noso primeiro día coa profe Patri. A verdade é  que nos portamos xenial no seu primeiro día: traballamos, xogamos, cantamos....e fomos moi bos con ela. Por iso marchou tan contenta para súa  casa.
Esperamos pasalo así de ben con ela tódolos días. Pero non nos olvidaremos de Laura, que foi unha profe moi especial para todos nós.
Moitas grazas por todo Laura. Bicos.

martes, 10 de novembro de 2015

Aniversario de Cesar...Moitos parabens no teu aniversario.

Estudio das especies autóctonas de Galicia

Seguimos a traballar na aula coas enquisas entregadas sobre as especies autóctonas de Galicia.Temos  un estudio moi fermoso sobre a camelia, outro sobre o acivro, sobre a queiroa, etc.. Dámosvos as grazas a todos pola gran variedade de enquisas entregadas e pola alta participación dos pais..

luns, 9 de novembro de 2015

Carta de despedida

Boas noites:

Con moitos de vós tiven a oportunidade de falar e despedirme hoxe en persoa. Sen embargo, con outros non coincidín polo que vos pido disculpas e me despido por medio do blog.

Hoxe foi o meu derradeiro día nesta maravillosa escola. Fai uns minutos que saín pola porta da gardería, e ata ese momento non me din conta da tristura que me dá deixarvos. Sen embargo, lévome unha grata experiencia, uns bos recordos e voume contenta de coñecervos. Tamén vos pido disculpas por si en algún momento fixen ou dixen algo  que poidera molestarvos. Desde logo esa non foi a miña intención, todo o contrario.

A moitos de vós xa vos coñezo do curso anterior. O primerio día que pisei esta escola parecíame imposible poder recordar todas as vosas caras e aínda máis asociarvos ao neno ou nena que viñades recoller (eses foron días difíciles, ajaja). Para outros, este é o primeiro ano que están na escola polo que lles dou a benvida.

Tanto a uns como a outros decirvos que ao longo de estes meses collinvos un gran cariño. Por iso, desexovos que teñades un bo curso escolar e moita sorte no futuro.

Un bico e unha aperta moi forte.

Laura 

Semilleiro de froitos secos


Continuando co proxecto que puxemos en marcha ao principio do curso, o cal xira entorno as especies autóctonas, o pasado xoves dimos un paso máis.
Nestes días estades a entregarnos o resultado das vosas enquisas sobre o tema. Sabemos que isto supón un gran esforzo; por iso, dende a escola estamos moi contentos coa vosa alta participación e damosvos as gracias por colaborar nestas tarefas. 

Na aula estamos a analizar os resultados das enquisas. Revisadas as que nos fixestes chegar ata o momento, aventuramonos a sinalar que a abeleira, castiñeiro, carballo e nogueira son as árbores máis recurrentes.
Por iso, decidimos facer un semilleiro de froitos secos con abelás, castañas, landras e noces contribuíndo así a recuperación e mantemento destas árbores nos nosos montes.







sábado, 7 de novembro de 2015

Aniversario de Daniel

Este venres celebramos o segundo aniversario de Daniel. 
Os teus compañeiros e toda a escola desexamosche MOITAS FELICIDADES!!
Esperamos que disfrutaras do teu día.