Amosando publicacións coa etiqueta medioambiental. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta medioambiental. Amosar todas as publicacións

mércores, 23 de febreiro de 2022

Ponte Ulla: pontes, lavadoiro e fontes.

 Chegou outro traballo sobre a Ponte Ulla: pontes, lavadoiro e fontes.

Está precioso!!! Moitas gracias!!!




Muiño de Novais en Vedra.

 Hoxe chegounos outro traballiño. Nesta ocasión do Muíño de Novais en Vedra.

Está moi chulo!!! Gracias!!!



luns, 21 de febreiro de 2022

Fervenza de Rubio.

 E seguen chegando traballos! Neste caso foi sobre a Fervenza do Rubio. Moi chulo!!! Graciñas!!!



mércores, 4 de maio de 2016

Vimos crisálidas

A profe Rosa, agasallounos cunhas crisálidas e ovos para obseváremos a súa evolución. Encantounos!!

martes, 26 de xaneiro de 2016

Para qué serven as árbores?

Hoxe vimos como as árbores nos aportan oxíseno. Debuxamos unha árbore coas instrucción da profe. Pásamolo en grande!!

xoves, 7 de xaneiro de 2016

Especies Autóctonas de Galicia

Para rematar co traballo q comezamos o principio do curso sobre as especies autóctonas de Galicia, elaboramos un catàlogo cos datos máis característicos de cada unha das especies que nos axudastes a recopilar coas vosas enquisas.
Gracias pola vosa colaboración!!!

martes, 24 de novembro de 2015

Yellow container

Hoxe aprendemos a coidar os bosques cando imos de visita, e a reciclar o plástico no contenedor amarelo. Qué divertido andar co lixo!!

luns, 16 de novembro de 2015

Reciclamos!!!!

Empezamos a traballar o tema da reciclaxe. A profe ensinounos que os residuos coma o cartón e o papel, hai que tiralos no contenedor azul. Por iso, puxemonos mans a obra e pintamos o noso propio contenedor azul e rematamos a tarefa pegando un anaco de cartón dentro de dito contenedor.

martes, 10 de novembro de 2015

Estudio das especies autóctonas de Galicia

Seguimos a traballar na aula coas enquisas entregadas sobre as especies autóctonas de Galicia.Temos  un estudio moi fermoso sobre a camelia, outro sobre o acivro, sobre a queiroa, etc.. Dámosvos as grazas a todos pola gran variedade de enquisas entregadas e pola alta participación dos pais..

luns, 9 de novembro de 2015

Semilleiro de froitos secos


Continuando co proxecto que puxemos en marcha ao principio do curso, o cal xira entorno as especies autóctonas, o pasado xoves dimos un paso máis.
Nestes días estades a entregarnos o resultado das vosas enquisas sobre o tema. Sabemos que isto supón un gran esforzo; por iso, dende a escola estamos moi contentos coa vosa alta participación e damosvos as gracias por colaborar nestas tarefas. 

Na aula estamos a analizar os resultados das enquisas. Revisadas as que nos fixestes chegar ata o momento, aventuramonos a sinalar que a abeleira, castiñeiro, carballo e nogueira son as árbores máis recurrentes.
Por iso, decidimos facer un semilleiro de froitos secos con abelás, castañas, landras e noces contribuíndo así a recuperación e mantemento destas árbores nos nosos montes.







xoves, 29 de outubro de 2015

Estampacións con follas

Hoxe decidimos abrir a CAIXA DO OUTONO e recordar as cousiñas que recollimos na nosa saída. cada un de nós escolleu unha das moitas follas que recolectamos (a maioría de carballo) e fixemos estampacións coas cores do outono.



venres, 9 de outubro de 2015

Saída outonal


Moitos falan de que entrou o outono (e é ben certo, que xa se nota), pero no cole temos que investigar e experimentar en primeira persoa que quere decir eso de que estamos no outono. Deste xeito, decidimos saír da aula e observar que acontence ahí fóra. Esta pequena excursión para nós xa é todo unha novidade, a nosa primeira saída!!!



 

Unha vez no terreo, tócanos observar as árbores, escoitar o son dos nosos pés sobre as follas secas, a caída das follas, o vento, as cores.... Tras isto, e tendo como ferramentas a nosas propias mans dispoñemos a recolectar todo aquilo co que nos agasalla o outono (follas, landras, ramiñas...). Este sí que é un traballo que nos encanta. O final a caixa xa se nos quedou pequena (para a próxima estación teremos que adquirir outra máis grande, ajajaj). 





En fin, que foi toda unha experiencia. Ahora temos facer reconto das cousas que atopamos, pero eso queda pendente para o próximo día.