martes, 31 de outubro de 2017

Festa de Samaín!!!!

Chegou o Samaín o cole!!!
Enchemos o cole con preciosas e terroríficas cabazas decoradas!!!
Tamén fixemos unha festa con postres típicos 🍱🍲🍩... puxémonos as botas coas larpeiradas e bailamos como descosidos coa canción dos esqueletos!!!!
🎤🎶🎵🎤🎶🎵
Tamén nos disfrazamos de cabazas, esqueletos... Pasámolo pipa!!!
Queremos darvos as grazas pola vosa colaboración, tanto na elaboración de cabazas coma de postres!!!
Para o ano repetimos!!!
BOO, BOO, BOO!!!
👻👻👻👻👻👻

venres, 27 de outubro de 2017

xoves, 26 de outubro de 2017

Puxemos lentellas en algodon

Hoxe puxemos algodón nun vaso de iogur , botámoslle lentellas e regamos un pouquiño a ver se crecen!!! Como vedes  as lentellas non eran para guisar senón para plantar!!

mércores, 25 de outubro de 2017

Experimentamos con telas

Estivemos experimentando con telas, vimos diferentes texturas e depaso medio nos disfrazamos: mirade qué guapos!! Tamén xogamos con aros en psicomotricidade ...

Outono e Samaín

Estes días andivemos de artistas, manipulando os froitos de outono e experimentando coas cores e formas. Pasámolo moi ben.

Cor vermella e manualidade de Samaín.

Nestes días estivemos realizando un esqueleto con bastoncillos. E na xornada de hoxe traballamos a cor vermella;  buscamos pola clase cousas de cor vermella e despois xogamos con elas.

martes, 24 de outubro de 2017

Xogo heurístico.

Nestas semanas estivemos explorando diferentes materiais: purispán e corchos. traballamos as texturas, a motricidade fina e conceptos como grande/pequeno, dentro/fóra.