mércores, 30 de marzo de 2022

Exploración con flores.

 Hoxe exploramos flores, tocamos, ulimos.... E despois realizamos un conexo de Pascua coas flores.




luns, 28 de marzo de 2022

venres, 25 de marzo de 2022

A primavera

 Chegou a primavera a nosa aula!!





Diversas tarefas...

 Bos días !!

Algunhas das tarefas desta semana foron...

 Experimentamos con chocolate..



Traballamos as formas xeométricas picando con punzón en círculos, cadrados e triángulos..


E hoxe fomos a prantar á horta unhas fresas que nos trouxo unha mami..moita gracias!!!



Para a semana mais...

Boa fin de semana!!






Actividades varias!!

 Esta semana fixemos sobre todo actividades relacionadas coa primavera. Pero tamén xogamos con chocolate que nos gustou moito. Aquí vos decidamos un pequeno exemplo. Bo fin de semana!









Mosaico con pedras.

 Hoxe traballamos a motricidade fina. Fixemos un mosaico con pedras seguindo un debuxo e tamén introducimos pedras por unha ranura. Despois xogamos coa plasti.






xoves, 24 de marzo de 2022

Bolsas sensoriais.

 Hoxe xogamos coas bolsas sensoriais, exploramos area, cunchas e pedras. Despois fixemos estampacións con papel burbulla para facer unhas flores.

E así nos quedou...




mércores, 23 de marzo de 2022

Arte: " El árbol de la vida" de Gustav Klimt.

 Hoxe replicamos un cadro de Gustav Klimt: El árbol de la vida. Despois clasificamos obxectos por cores.





martes, 22 de marzo de 2022

Día da auga.

 Hoxe celebrase o día da auga. E falamos das maneiras de aforrar auga, vimos un vídeo sobre o tema e tamén aproveitamos para regar as prantas e ver canto medraron xa!!!



luns, 21 de marzo de 2022

Temos un novo poliño!!!

 Benvido pequerrecho!!!



Actividades e xogos

 Esta semana pasada, exploramos con distintos materiais activarnos os sentidos do tacto, e oído. Asimesmo, tamén practicamos motricidade cos trasvases de cortizas, bailes e música. Esperamos vos guste esta ventaniña.





venres, 18 de marzo de 2022

Horta e parque

 Hoxe fomos á horta a poñer as prantiñas que tiñamos na aula e xa medraran moito...

Tamén nos fixamos que había moitas flores polo campo..




E de paso aproveitamos para ir pouquiño ao parque


Estivemos pouquiño tempo pero que ben o pasamos

Bo fin de semana !!!

Prantas aromáticas

Onte exploramos herbas aromáticas: romeu, lavanda, loureiro...quedounos un olor na aula estupendo...


E logo pintamos con esponxas unhas macetas ...



xoves, 17 de marzo de 2022

Monstruo rosa!

 Hoxe tocou sesión de conto con marionetas: "El monstruo rosa". Que nos encanta!!!




Está chegando a primavera...

 Dentro duns días comeza a primavera e xa empezamos a facer cousiñas sobre este tema....

Pintamos flores con esponxas..


Poñemos gomets de distintas cores nunhas margaritas..


Tamén vemos animais da selva e da granxa..


Facemos o mural da primavera, onde pegamos arroz de cores en papeis de magdalenas e facemos bolboretas cosas mans.







mércores, 16 de marzo de 2022

Actividades de primavera...

Para a semana entra a primavera e xa comezamos a facer algunha cousiña...
Fixemos flores para realizar a diadema de Frida Kahlo, fixemos un mural de xirasoles, e tamén exploramos e ulimos plantas aromáticas ( exploración sensorial: olfato), colonia, café e cacao.







luns, 14 de marzo de 2022

Psicomotricidade: circuíto.

 Hoxe fixemos un circuíto en psico. Traballamos nocions espaciais: enrriba, debaixo. E tamén comezamos a preparar unhas flores para a primavera, que xa se acerca...






venres, 11 de marzo de 2022

Esta semana tamén traballamos a motricidade fina..

 Xogamos con tapóns e fixemos series..


Con plastilina..



E tamén pegamos gomets cando traballamos os cubitos de xeo..




Bo finde!!