mércores, 28 de febreiro de 2018

Tocamos a neve!!!!

Aproveitando que esta noite nevou, e que no coche da profe había un poco de neve, trouxemos una pouquiña antes de que se derretise. Estaba moiiii fría!!!!!

martes, 27 de febreiro de 2018

Aniversario de Sabrinna

O tempo voa e o fedello de Sabrinna xa fixo o seu primeiro aniño, ainda que co espabilada que está parece que xa ten dous. Parabéns Sabrinna.

Exploramos con tapons de cores

O outro día exploramos con tapóns de distintas cores e tamaños....e aínda nos quedou tempo para relaxarnos!!!

Exploración con fariña!!!

Hoxe estivemos explorando a fariña, tocámola, extendémola e facemos debuxos con ela!!!

xoves, 22 de febreiro de 2018

Formas

Hoxe vimos as formas xogando. Tivemos que percorrer a clase enteira buscando as formas correspondentes!! Foi moi divertido!!!

mércores, 21 de febreiro de 2018

Elaboramos maracas!!!

Hoxe elaboramos maracas con botes. Primeiro enchémolos con legumes e despois decorámolos con gomets!!!
Motricidade fina a tope!!!

martes, 20 de febreiro de 2018

Preparamos terreo para prantar

Hoxe, aproveitando que non chovia, saimos a fora a preparar un pouco o terreno onde vamos a facer a nosa "horta"..estivemos cos rastrillos...e tamén empezamos co compostero..quédanos un longo traballo por diante!!

Exploramos legumes!

Hoxe estivemos explorando legumes, traballamos a motricidade fina, vimos como son os garabanzos, as fabas e as lentellas, e tamén traballamos os conceptos encher/baleirar, moitas/poucas.

Os corchos flotan, as pedras non

Sabedes qué? Hoxe puxemos corchos na auga e flotaban. Pero cando puxemos as pedras foron dereitiñas para o fondo. Que curioso verdade?🎓