xoves, 31 de marzo de 2016

Actividades de primavera.

Chegou unha nova estación: A PRIMAVERA! É con ela un montón de actividades novas e divertidas para realizar. Así é,  que nestos días traballamos un montón: decoramos unhas bolboretas; fixemos un mural de primavera; exploramos flores e pintamos con elas (traballando así as cores, os olores agradables...); e tamén exploramos froitas como a laranxa e o limón (traballando así conceptos como ácido e amargo).

Aniversario Feliz!!!!

Hoxe tivemos tres cumples!! Mara, Rodrigo C. e Ángela! Parabéns chicos!!

domingo, 20 de marzo de 2016

xoves, 17 de marzo de 2016

Experimentación e talleres.

Nestas semanas estivemos realizando diversas actividades  e talleres. Estivemos explorando con pasta e con pataca crúa e fervida; traballando así conceptos como longo - curto,  duro - brando. Tamén tocamos os instrumentos de percusión e fixemos algún que outro quebracabezas. E para rematar, pintamos e decoramos ovos de Pascua.

mércores, 9 de marzo de 2016

Saltamos coma rás!!!

Hoxe en clase de psicomotricidade estivemos saltando coma rás.  Foi divertidísimo!!!

Experimentamos con espaguetis

Toca experimentar cos espaguetis: crúos e fervidos. Así traballaremos conceptos tales como: longo- curto e duro- brando.
Ao coller os espaguetis coa man tamén traballaremos a motricidade fina ( ao tratarse dun elemento tan fino deberán pinzar a pasta con precisión).
En fin... Un xogo heurístico de exploración..
Despois de tanto traballo, je,je!!...tiñamos fame e tamén os levamos á boca...

luns, 7 de marzo de 2016

Taller de cociña

Hoxe cubrimos de chololate fresas e mais plátanos!! Non credes que nos quedaron deliciosas? De aquí xa imos a Master Chef!!

venres, 4 de marzo de 2016

xoves, 3 de marzo de 2016

Medioambiental

Seguimos tratando o tema da contaminación.  Esta semana aprendemos que non se pode tirar basura nos ríos, pois se os ríos están sucios non hai peixes. Sen embargo se mantemos os ríos limpos podremos ver moitos peixes!

mércores, 2 de marzo de 2016

O circuito

Hoxe en psicomotricidade, percorremos un circuito que nos preparou a mestra. Traballamos nocións coma: Enriba, debaixo, polo medio, a través de, polo lado, etc. Pasámolo en grande!!

martes, 1 de marzo de 2016

Medioambiental

Hoxe a profe explicounos cómo manter un planeta limpo e saudable! Tamén vimos todos os beneficios que eso producía na nosa saúde. É importantísimo para non poñernos enfermos!!