xoves, 29 de febreiro de 2024

Romper/rasgar papel.

 Hoxe traballamos a motricidade fina rasgando papel. Pasámolo pipa!!!






Trazo vertical

 Os maiores estivemos reforzando o trazo vertical... Fixemos ou tratamos de facer líneas verticais..




Insertamos palitos

 Estivemos insertando palitos por unhas ranuras..

Máxima concentración, je,je..




mércores, 28 de febreiro de 2024

Grafomotricidade.

 Hoxe fixemos debuxos na area. Tamén fixemos trazo vertical na pizarra e despois en papel.




martes, 27 de febreiro de 2024

Trasvasamos legumes...

 Hoxe traballamos con legumes..



E logo  os maiores pegamos legumes nun bote vacío ..



Botellas sensoriais.

 Hoxe elaboramos botellas sensoriais empregando diferentes materiais: area, macarróns, tapóns de cortiza, legumes, escarbadentes, papeis, lanas, lazos...




Exploramos distintos tipos de papeis: brillantes, lisos, rugosos...

Estivemos traballando as texturas explorando distintos tipos de papeis..





luns, 26 de febreiro de 2024

venres, 23 de febreiro de 2024

Actividades semanais!!

 Está semana traballamos unha nova cor: o verde, incluso en inglés. Traballamos o concepto grande- pequeño. Experimentamos con area e terra. Traballamos as texturas: áspero, suave,liso,rugoso...Fixemos crebacabezas e xogamos na mesa de luz. Boa fin de semana.









Encaixar, apilar, insertar... E tamén utensilios de madeira!

 Esta semana os bebés traballaron con xoguetes piramidais. Ademais de poder observar os diferentes tamaños, tamén pudieron apilar, encaixar e insertar os distintos elementos. Primeiro por imitación e despois mediante o xogo libre.





Tamén usaron utensilios de cociña de madeira. Desfrutaron co tacto da madeira, cos sons que produce facendo soar un contra outro e contra o chan e, por suposto, levando á boca 😃




Exploramos verduras e hortalizas.🍅🌽

 Hoxe exploramos verduras e hortalizas..clasificámolas por cores e partímolas á metade.

Tocámolas, ulímolas....

Logo pintamos con elas.





Motricidade fina.

 Hoxe traballamos a motricidade fina, introducimos macarróns nun pauciño. 



Aniversario de Hugo!!!🎂

 Hoxe Hugo cumple tres aniños! Parabéns Hugo!!!🎉🎊🎂



xoves, 22 de febreiro de 2024

Exploración con verduras e hortalizas.

 Hoxe exploramos verduras e hortalizas: texturas, olores e cores. Clasificamos por cores e finalmente fixemos estampacións con elas.




Area e pan raiado

 Buscamos cunchas na area...



Logo poñenos cola nunha ficha e botamos area...


Os maiores botamos pan raiado..



mércores, 21 de febreiro de 2024

luns, 19 de febreiro de 2024

Exploración: papeis brillantes.

 Hoxe exploramos papeis brillantes: tocamos, apretamos, estiramos e miramos a través deles.

Tamén vimos a diferencia entre longo/ curto.