luns, 27 de xuño de 2016

Parque.

Rematamos as actividades escolares e empezamos coa tempada de parque.
A ver se o tempo nos acompaña!

xoves, 23 de xuño de 2016

luns, 13 de xuño de 2016

Festival fin de curso 2016.

Este venres celebramos o festival de fin de curso na casa da cultura de Camporrapado. A verdade é que quedamos moi satisfeitas co resultado. Os nenos pasarono moi ben e fixerono xenial.
Na clase de Bego e Patri, estiveron moi comedidos e non quixeron bailar moito. ... Seguro que para o curso que ven o farán mellor!!!
Os bebés estaban preciosos e tamén se portaron coma campeóns.
E os maiores estiveron sembrados e disfrutaron un montón.
Queremos darvos as gracias os pais por asistir e polos agradecementos ó traballo que realizou o equipo educativo.
Ata a próxima!!!


Gusanos de seda.

Seguimos vendo como evolucionan os nosos gusanos. Mentres uns medran outros xa comezaron a sua transformación a bolboreta. Temos tres crisálidas.

sábado, 4 de xuño de 2016

Aniversario de Mateo

Este noso reboliño xa ten tres aniños!! Parabéns Mateo!!!

Voz Natura

Este ano tivemos unha pequena representación no parque de Acea da Ama en Culleredo. Así se veu o noso curruncho.

xoves, 2 de xuño de 2016

Gusanos de seda.

Para responder a pregunta que nos fixestes, diremosvos que os nosos gusanos medraron un montón!!! A verdade é que tamén comen un montón de follas de moreira. Xa temos a nosa primeira crisálida, pois o gusano máis grandote xa se fixo a súa casiña e meteuse dentro para completar a súa transformación a bolboreta. Aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades.