venres, 22 de marzo de 2024

En música bailamos cancións galegas de Luís Prego.

 Bailamos....


Bo finde!!

Decoramos bolboretas

 Botamos virutas de pinturas nas ás dunha bolboreta!!





Aniversario de Karim

 Hoxe Karim fai 2 anos. 

Moitas felicidades Karim!!!





Mural de primavera.

 Entre onte e hoxe realizamos o mural da primavera: pintamos formigas con esponxas, pegamos gomets de cores para facer a comidiña das formigas e finalmente fixemos estampacións de tulipáns.










Actividades semanais!!

 Está semana cambiamos de estación. Por eso fixemos varias actividades relacionadas ca primavera q acaba de chegar: pintamos con pincel unha flor, coas mans fixemos un xarrón con flores, xogamos con auga, pegamos gomets, fixemos un circuito sensorial cos pes.. Está semana rematamos o trimestre. Retomaremos as actividades á volta de Semana Santa. Felices Pascuas.








mércores, 20 de marzo de 2024

Lucrecia.

 Hoxe vimos as partes do corpo e as prendas de roupa coa nosa boneca Lucrecia. Despois de varios cambios de look, finalmente quedou así de guapetona...




Cadros de Primavera

 Hoxe comeza oficialmente a primavera e onte fixemos uns cadros para levar para a casa..




Pintamos con 💐💐💐

 Estivemos pintando con flores..





Experimentación con 💐💐

 Fixemos unha actividade sensorial de experimentación con flores: tocamos, ulimos, rompemos...



martes, 19 de marzo de 2024

Psicomotricidade: circuito.

 Hoxe en psicomotricidade realizamos un circuito: saltamos cos pés xuntos dentro dos aros; despois pasamos por enriba dun obstáculo e por debaixo doutro; e para rematar introducimos un aro dentro dun pau alto.






venres, 15 de marzo de 2024

Actividades semanais!!

 Esta semana traballamos con gomets, pintamos con esponxas, e traballamos o concepto seco- mollado, fixemos un cubo de vocabulario de alimentación, e experimentamos con pataca cocida e crúa. Boa fin de semana!!








Motricidade fina: pintamos cun " boli" na pizarra dixital.

 Estivemos facendo garabatos na pizarra dixital..



Motricidade fina : traballamos co punzón.

 Hoxe estivemos picando nunha lúa e nun sol co punzón...



Motricidade fina.

 Hoxe realizamos diferentes accións para traballar a motricidade fina: abrir e cerrar cremalleras, pegar e despegar velcros, abotonar e desabotonar, abrochar e desabrochar.




xoves, 14 de marzo de 2024

Actividades...

 Nestes días estivemos decorando un ovo de Pascua, para eso rasgamos papel e fixemos boliñas con papel de seda. Hoxe pintamos con esponxas unhas macetas.



Diversas actividades...

 Esta semana fixemos diversas actividades ...

Pegamos botóns nunha ficha..


Traballamos as formas xeométricas...


Pintamos con esponxas..


Volvemos a prantar pementos morróns , pero doutra forma, a ver se sale algo de aquí..


Pintamos coas mans e cos pés..




martes, 12 de marzo de 2024

Herbas aromáticas.

 Hoxe exploramos herbas aromáticas: ruda, pirixel,  ourego, menta, romeo... Ulimos, tocamos e aprendemos para que serven éstas prantas. Tamén ulimos café, cacao e colonia. O que máis nos gustou foi o olor do cacao!

 
Despois aprendemos a usar o mortero, esmagando cáscaras de ovo.




venres, 8 de marzo de 2024

Actividades semanais!!

 Está semana traballamos con xeo tocámolo e vimos como se derrete e o escurridizo q é, e tamén pintamos con él. Fixemos algo de arte. Un cuadro de Giuseppe Archimboldo, la primavera,1573. Experimentamos con chocolate e tamén pintamos con él uns ovos de pascua. Boas fin de semana!!