venres, 25 de febreiro de 2022

Traballos desta semana.

 Ademáis de cousas relacionadas con entroido fixemos un mural de alimentos, sementamos algunhas legumes  e aprendemos palabras novas....Bo finde!!



Festa de Entroido!!!🎉🎉🎉🎉

 Hoxe celebramos o Entroido no Cole. Este ano disfrazámonos de fenómenos atmosféricos: choiva, tormenta, sol, neve, arco da vella...

Despois celebrámolo, cada grupo na súa aula... bailamos e comemos postres típicos destas datas!

Queremos darvos as grazas, porque enchemos unha mesa cos postres que nos trouxestes!!!

Mil grazas e bo Entroido familias!!!















xoves, 24 de febreiro de 2022

A roda dos alimentos

 Estivemos vendo alimentos e colocámolos no seu  lugar correspondiente na roda: froitas por un lado, verduras e hortalizas por outro, pasta, pan e arroz por outro, carne, ovos e peixe, etc....e doces noutro lugar pequerrechiño!! 

Mirade....



Pegamos lentellas nunha ficha ...




Exploración con xelatina e outras cousiñas...

 Hoxe exploramos con xelatina. Traballamos a motricidade fina, collendo xoguetes que estaban atrapados na xelatina cunha pinza e despois pringamonos moitísimo xogando con ela! 🙈....pero pasámolo tan ben, que non nos importou mancharnos un pouco!!!!

Tamén vos deixo unha mostra doutras actividades que fixemos durante a semana: disfrazámonos, exploramos papeis brillantes, regamos as nosas prantas...







mércores, 23 de febreiro de 2022

Exploración con verduras.

 Hoxe tocou explorar verduras, e "pringamonos" coa cabaza e ata fixemos "composicións" coas verduras.




Ponte Ulla: pontes, lavadoiro e fontes.

 Chegou outro traballo sobre a Ponte Ulla: pontes, lavadoiro e fontes.

Está precioso!!! Moitas gracias!!!




Muiño de Novais en Vedra.

 Hoxe chegounos outro traballiño. Nesta ocasión do Muíño de Novais en Vedra.

Está moi chulo!!! Gracias!!!



martes, 22 de febreiro de 2022

Medioambiental: recolector para a auga da choiva.

 Hoxe puxemos na horta un invento para recoller a auga da choiva, fabricamolo cunha sombrilla, unha manguera un cubo e un grifo.

Agora solo falta que chova un pouco, pero xa probamos a botarlle auga para ver cómo funcionaba. Foi todo un éxito!!!👏👏👏👏👏👏

Agradecementos a:

 José Raviña e Miguel Torres, que nos fabricaron o recolector.

https://youtu.be/Wsq0_v8Sk24






Prantamos semilleros

 Hoxe en medioambiental prantamos semillas: fabas, millo, chícharos e tirabeques...




Fervenza de Augacaída, Marce- Pantón

 Bos días!!

Hoxe trouxéronnos outro traballiño..trátase dunha fervenza que hai en Pantón na Ribeira Sacra lucense.


Moi chulo!!.Moitas gracias!!!


luns, 21 de febreiro de 2022

Fervenza de Rubio.

 E seguen chegando traballos! Neste caso foi sobre a Fervenza do Rubio. Moi chulo!!! Graciñas!!!



venres, 18 de febreiro de 2022

Outras actividades

 Estos días tamén pegamos papeis verdes..



Vimos nós un conto..



Fixemos puzzles..


Facemos trazos...








Bo finde a todos!!!

Actividades desta semana!!

 Esta semana centramos o noso traballos principalmente no Entroido, e elaboramos unha careta e un mural que nos quedou super chulo, esperamos que vos guste. Tamén coidamos das nosas prantas que medraron un montón..










O ENTROIDO!!

 Na aula dos bebés xa comenzamos tamén coas actividades de entroido. Están expostas na entrada do cole. Esperamos que vos gusten!!



xoves, 17 de febreiro de 2022

Actividades varias...

 Aquí vos deixo un resumen dalgunhas das actividades desta semana. En pisomotricidade bailamos, fixemos volteretas e picamos co punzón para traballar a motricidade fina. Mezclamos cores coas bolsas sensoriais....e elaboramos entre todos un tren cos xoguetes...




mércores, 16 de febreiro de 2022

Medioambiental: "Fervenza do Pereiro"

 Bos días!!

Aquí temos outro traballo de Voz Natura. Moitas gracias por colaborar no proxecto.

Trátase da Fervenza do Pereiro.


Graciñas!!!

Mural Entroido

 Bos días!

Onte rematamos o mural de Entroido. A nosa aula fixo outra máscara típica do Entroido galego tamén: a MADAMA de Cobres ( Rías Baixas-Concello de Vilaboa).

Pegamos algodón e decoramos este vistoso sombreiro con confetti e flores de moitos colores.