venres, 30 de outubro de 2015

Festa do Samaín


Dende fai uns anos, baixo a influencia da cultura estadounidense, estase a espandir a festa de Halloween sin ser conscientes de que esta provén dun rito celta de ano novo que está presente na nosa cultura dende fai séculos: O Samaín.
O Samaín é unha festividade de orixe celta onde a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro servía como celebración da fin da temporada das colleitas e poñía fin ao verán.
Na escola quixemos seguir con esta tradición, polo que nos puxemos mans a obra. Collimos pincel e pintura e elaboramos uns morcegos terroríficos para ambientar o noso colexio e dar moooooito medo.


Coa axuda de todos vós, que nos achegastes cabazas puidemos decorar a nosa entrada dunha forma espectacular. Sen dúbida, temos unhas familias increíbles que fan verdadeira obras de arte e os cativos encantados e orgullosos das súas creacións.







Xa tiñamos a escola máis terrorífica preparada para o Samaín, só nos faltaba un pequeno detalle: a comida. Ui a comida, algo tan noso, como vai haber festa sen comida?? Pero tendo unhas mamás e papás tan xeniais que nos elaboran verdadeiras maravillas estamos a salvo (como catadora oficial destes doces típicos douvos a todos 3 estrelas Michelín, e porque non hay 4 que senón...) Tivemos biscoitos de cabaza, galletas, filloas, muffins de canela, magdalenas e moitas outras cousas. Rico, rico, delicious!!


Por fin, tiñamos tódolos ingredientes para un bo Samaín; cabazas, doces, música e moitas ganas de pasalo ben. E así foi, pasamos un día estupendo. 





De novo, dende a escola Raíña Lupa queremos agradecervos a todos e todas a vosa axuda e participación. Esperamos que os cativos/as desfrutaran tanto como nós e poder repetilo pronto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario