Amosando publicacións coa etiqueta educación vial. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta educación vial. Amosar todas as publicacións

venres, 16 de outubro de 2015

Educación vial

Todos nós para acudir ao colexio facemos uso das estradas en todas as súas variedades. Na maioría dos casos utilizamos o coche para desprazarnos, pero tamén vimos a pé ou en autobús (en autobús escolar eu diría que ninguén ajaja). Tanto uns como outros, a marxe do medio de transporte que utilicemos, debemos respectar as normas de circulación para deste xeito fomentar unha boa convivencia nas estradas e evitar posibles accidentes e lesións.
A educación vial forma parte dese conxunto especial de contidos nos que é preciso incidir de forma transversal ao longo da etapa educativa. Por ese motivo, puxemos en marcha un circuíto no colexio. O obxectivo principal é unha primeira toma de contacto coas normas de circulación. Algúns símbolos que incluímos son os pasos de peóns, stop, semáforo e as frechas que indican o sentido da circulación.







Os nenos mostráronse entusiasmados ante esta proposta, ¿e quen non o estaría? Utilizamos os coches e disfrazámonos para caracterizar as diferentes personaxes. ¿Soa ben non?, pois sí, desfrutamos moito de esta experiencia, ata incluímos a un peregrino camiño de Santiago!!!.
Todo saíu a pedir de boca, bueno todo todo non, descubrimos que as rotondas non son tan fáciles como aparentan. Esperemos non levar unha sorpresa e atoparnos con algunha multa por non seguir as indicación como debéramos. Seguiremos practicando!!