xoves, 30 de novembro de 2023

Manualidades de Nadal.

 Hoxe realizamos unha Postal dos Reis Magos. Puxémoslle  o tronco, a cabeza e a coroa dos  3 Reis.

Tamén pintamos unha árbore de Nadal con esponxas.







mércores, 29 de novembro de 2023

Manualidades Nadal

 Empezamos xa coas manualidades de Nadal. 

Aquí pegamos algodón nunha arbore feita con lá..




Motricidade grosa.

 Hoxe en psicomotricidade xogamos a movernos coma os animais: 

Águilas:


Gorilas:
  

Serpes:


Leóns:



Os cogomelos

 O luns estivemos vendo cogomelos que forman parte da nosa flora autóctona.

Uns eran grandes e outros máis pequenos..



martes, 28 de novembro de 2023

Exploración con area.

 Hoxe xogamos con area: facemos trasvases dun recipiente a outro utilizando a pala e despois facemos trazos cos dedos. 


Onte comezamos coas manualidades de Nadal: decoramos unha bola de Nadal con gomets.



luns, 27 de novembro de 2023

Medioambiental: coñecendo a flora autóctona.

 Hoxe vimos uns cogomelos que naceron no xardín. Coñecemos as súas partes: sombreiro, anel e pé. E despois pintamos un cogomelo con ceras brandas.







venres, 24 de novembro de 2023

Libros de tea

 Os libros de tea sempre son un acerto para os bebés. Están cheos de cores, texturas e sons que van descubrindo en cada páxina. 




Puzzles e Mesa de luz

 Hoxe tamén traballamos coa mesa de luz e fixemos puzzles...




Máis actividades desta semana ...

 Esta semana tamén traballamos con papeis de distintas texturas e  cores... Desmenuzamos, rasgamos, arrugamos, rompemos...


E logo pegamos cachiños nunhas  fichas..

Xogamos a identificar colores.....



Trasvase de arroz e legumes

 Hoxe fixemos trasvases de legumes...

Non o fixemos tan mal, controlamos bastante ben a cuchara...


Actividades semanais!!

 Esta semana traballamos a cor amarela. Escoitamos e fixemos unha actividade sobre o conto da Ratiña Presumida, En arte tratamos de imitar un cuadro de Henri Matisse. E experimentamos con plastilina. Boa finde!!






Motricidade fina: picar co punzón.

 Hoxe traballamos a motricidade fina usando o punzón. Intentamos facer a pinza para coller o punzón. 






mércores, 22 de novembro de 2023

Medioambiental: o moucho.

 Onte en medioambiental vimos o moucho, escoitamos o seu sonido e vimos curiosidades do mesmo. Finalmente fixemos un mural con boliñas de papel e confeti.


Hoxe traballamos a motricidade fina abrindo e cerrando cremalleras e introduciendo tarxetas nunha billetera.



luns, 20 de novembro de 2023

Mural de retratos.

 Hoxe rematamos o mural de retratos que comezamos a semana pasada. Púxemoslle ollos, nariz, boca e orellas a un nen@. Pintámoslle o pelo con rotuladores e  despois pegámolo nun marco que decoramos con gomets.




venres, 17 de novembro de 2023

Diversas actividades esta semana....

 Traballamos as formas xeométricas de distintas maneiras...

- Pegando gomets nun círculo grande..


- Facendo círculos con rolos de papel hixiénico mollados en pintura..



Experimentamos con porispán e con  tapóns de cortiza....así como vemos os conceptos: duro/ Brando. Grande/ pequeno.




Tamén pintamos con esponxas e tapóns de cortiza..



Os pequechos traballamos as partes da cara: boca e ollos.


Reforzamos a motricidade fina clavando pezas de cores pequenas ....





Os que faltan farán está actividade para a semana...

E tamén xogamos con plastilina..


Bo finde a todos!!