venres, 9 de outubro de 2015

Saída outonal


Moitos falan de que entrou o outono (e é ben certo, que xa se nota), pero no cole temos que investigar e experimentar en primeira persoa que quere decir eso de que estamos no outono. Deste xeito, decidimos saír da aula e observar que acontence ahí fóra. Esta pequena excursión para nós xa é todo unha novidade, a nosa primeira saída!!!



 

Unha vez no terreo, tócanos observar as árbores, escoitar o son dos nosos pés sobre as follas secas, a caída das follas, o vento, as cores.... Tras isto, e tendo como ferramentas a nosas propias mans dispoñemos a recolectar todo aquilo co que nos agasalla o outono (follas, landras, ramiñas...). Este sí que é un traballo que nos encanta. O final a caixa xa se nos quedou pequena (para a próxima estación teremos que adquirir outra máis grande, ajajaj). 





En fin, que foi toda unha experiencia. Ahora temos facer reconto das cousas que atopamos, pero eso queda pendente para o próximo día.

Ningún comentario:

Publicar un comentario