venres, 22 de decembro de 2017

Festa de Nadal

Hoxe tivemos no cole a Festa de Nadal!! Degustamos distintos postres típicos destas datas acompañados  das nosas familias!!! Que ben o pasamos...Gracias a todos pola vosa colaboración e participación!! Felices Festas e Bo Nadal!

xoves, 21 de decembro de 2017

Visita de Papá Noel!!

Hoxe veu a visitarnos Papá Noel...reparteunos algunha que outra chuche! Foi moi divertido aínda  que houbo a quen non lle gustou a visita!!! Menos mal que a noite  de Nadal deixa os agasallos e marcha senón....

mércores, 20 de decembro de 2017

Exploramos pedras.

Na xornada de hoxe estivemos explorando pedras, xogamos a encher e baleirar bandexas. Despois xogamos con aros en psicomotricidade.

martes, 19 de decembro de 2017

Exploración e psicomotricidade.

Na xornada de hoxe estivemos explorando botes: tapar-destapar, apilar, encaixar...e tamén tivemos psicomotricidade. Xogamos a pasar por debaixo dun túnel; pero poucos se animaron a pasar por debaixo...

luns, 18 de decembro de 2017

Exploramos papeis brillantes.

Hoxe exploramos papeis brillantes, as cores, os ruídos que fan ó apretalos, rompémolos e despois pegamos anacos na coroa do Rei Melchor. Pasámolo xenial!

xoves, 14 de decembro de 2017

mércores, 13 de decembro de 2017

Mural de Nadal

Pintamos papel de estraza de cor branco ( como se fose neve), decoramos árbores con purpurina e despois pegámolos na paisaxe nevada...Mirade que bonito nos quedou!!!

martes, 12 de decembro de 2017

Exploración con papeis e confeti.

Nestes días estivemos explorando con papeis de distintas cores e texturas (rompelo, arrugalo...) e tamén con confeti.