venres, 26 de maio de 2017

Aniversario de Iker e Manu.

Hoxe celebramos o aniversario de Manu e Iker. Moitas felicidades por eses dous aniños!!

Crisálida.

Os gusanos neste festivo traballaron un montón!!! Xa apareceron as primeiras crisálidas!!!

mércores, 24 de maio de 2017

Experimentamos con area.

Hoxe experimentamos con area: tocámola, tirámola fora do caixón, despois volvemos a métela, etc...e vimos gusanos de seda...como teñen que comer moito para despois convertirse en bolboretas.

Olores, pintamos con pincel..

Traballamos a motricidade fina xogando con plastilina, pintando con pincel: unha Lúa e un sol, un rolo de papel hixiénico e tamén ulimos bolsiñas de infusión varias...despois metémolas en auga e....sorpresa!!! A auga deixou de ser transparente para volverse: amarela, vermella, etc...

Horta.

Hoxe fomos a horta a regar e a recoller guisantes, e despois botámosllos a crema de verduras que fixo Mila hoxe para comer!!! Estaba deliciosa!!!!👍👍👍. Despois xogamos un pouco no parque!!!

luns, 22 de maio de 2017

Gusanos de seda

Estos días estamos a ver cómo comen e medran os gusanos de seda!

Olores.

Hoxe ulimos bolsiñas de infusión: Manzanilla, menta poleo, frutas, ...Despois metémolas en auga e vimos de que color son!

sábado, 20 de maio de 2017

xoves, 18 de maio de 2017

Gusanos de seda.

Cómo estamos a espera de que eclosionen os nosos ovos. Conseguimos un montón de gusanos para que os nenos comecen a ver o proceso de crecemento destes gusanos. Agora imos necesitar moitas follas de moreira!!!!

Exploramos corchos.

Hoxe exploramos tapóns de cortiza. Intentamos facer torres con eles, fixémolos rodar pola mesa...E metémolos en auga par ver cómo flotaban.

martes, 16 de maio de 2017

Picamos con punzón.

Hoxe traballamos a motricidade fina picando co punzón. Neste caso fixemos un cadrado, despois no sitio do cadrado pegamos un papel de cores..Mirade que chulo nos quedou!!!

sábado, 13 de maio de 2017

A cor azul

Estes días pegamos recortes de cor azul e  puxemos pegadas  tamén de cor azul cun  tapón de cortiza. O venres traballamos con plastilina. Deste xeito traballamos conceptos tales como: limpio/ sucio, dentro/ fora, moitos/ poucos, grande/ pequeno...