luns, 30 de xaneiro de 2017

Día da paz.

Hoxe celebramos o Día da Paz. Realizamos entre todos os nenos do cole un arco iris de cores. Todos puxemos a nosa pegada, incluso as profes!!!

Medioambiental.

Esta semana reciclamos hueveras. Pintámolas de amarelo para facer uns pitiños. Mirade que ben nos quedaron!!!

venres, 27 de xaneiro de 2017

Experimentamos con caixas e tapas

Esta semana, ademais de pegar lá nun gorro e bufanda, experimentamos con caixas, pintamos con rotulador e fixemos círculos con un rolo de papel higiénico.

martes, 24 de xaneiro de 2017

venres, 20 de xaneiro de 2017

Exploración.

Esta semana tocounos explorar con telas e roupa de diferentes texturas. Pasámolo xenial!!!!

Medioambiental.

Esta semana en clase de medioambiental reciclamos os peixes que realizaramos cos CDs. Démoslle a volta e decorámolos  con papel burbulla pintado de cores. E para rematar realizamos uns móbiles que colgamos na clase.

martes, 17 de xaneiro de 2017

Aniversarios de Cova e Darío

Estes días os nosos nenos van cumplindo un aniño. É un verdadeiro pracer poder compartilo con vós!! Parabéns pequechos!!

venres, 13 de xaneiro de 2017

Actividades desta semana

Esta semana estivemos facendo distintas actividades tales como : adornar a clase con motivos invernales, rasgar papeis, pintar un vestido con pincel, experimentar con confetti, e o venres tivemos manualidades....Xa veredes como nos quedou o que fixemos!!

Aniversario de Valeria!

Hoxe celebramos o aniversario de Valeria. Parabéns preciosa!!!!

mércores, 11 de xaneiro de 2017

Actividades de inverno.

Comezou o segundo trimestre e tamén o inverno. Nestos días estivemos realizando distintas tarefas:
Decoramos a aula con motivos invernales, pintamos copos de neve, fixemos un boneco de neve con caixas e tamén elaboramos un pingüino e pintámolo con papel burbulla. Mirade canto traballamos xa!!!