martes, 31 de xaneiro de 2023

Exploración con terra e area.

 Hoxe exploramos terra e area, desta maneira traballamos as texturas suave e rugosa da terra e da area respectivamente. E onte rasgamos papel de seda e pegámolo. Aquí vos deixo unha mostra...





luns, 30 de xaneiro de 2023

Día da paz

 Bos días!!

Hoxe 30 de Xaneiro celebramos o día da paz. O venres pintamos unhas pombiñas...



Así nos quedaron!!!







venres, 27 de xaneiro de 2023

Retomamos as actividades!!

 Fixemos un mural de inverno e pintamos unha pomba porque o luns celebrase o Día da Paz!! Bo finde!







mércores, 25 de xaneiro de 2023

Exploración con herbas aromáticas.

 Hoxe exploramos con herbas aromáticas, traballamos así o olfato: tocamos, ulimos e rompemos en anacos... Despois preparamos, cos restos, bolsiñas aromáticas.



martes, 24 de xaneiro de 2023

A cor verde.

 Esta semana comezamos a traballar a cor verde, buscamos obxectos de cor verde e tamén pintamos da mesma cor. Tamén xogamos coas botellas sensoriais, que nos encantan!



venres, 20 de xaneiro de 2023

Outras actividades desta semana foron...

 Vimos o conto dos tres porquiños e  traballamos troquelado de dito conto...




A cor amarela.... pintamos un poliño con tapóns de cortiza...


Traballamos a motricidade fina co punzón...


Boa fin de semana!!!


martes, 17 de xaneiro de 2023

Medios de transporte

 Onte traballamos os medios de transporte: os que van pola auga, pola carretera, pola vía e polo aire.




Así nos quedou...



venres, 13 de xaneiro de 2023

Actividades varias

Algunhas das actividades desta semana foron...

Puxemos cola e logo pan raiado nunha granxa de animais...



Fixemos puzzles...


Practicamos ioga



Fixemos tamén algúns pasos de zumba ...



Boa fin de semana!!



xoves, 12 de xaneiro de 2023

Experimentación con area.

 Hoxe tocou actividade sensorial: experimentación con area. Percibimos o tacto rugoso da area, trasvasamos area e buscamos obxectos escondidos. Para rematar espolvoreamos area cun colador.




mércores, 11 de xaneiro de 2023

Mural de inverno

 Boas...

Estes días estivemos co mural de inverno...

Pintamos un esquimal con ceras brandas e logo lle puxemos algodón...



Pegamos tapóns brancos nun iglú..




E logo pegamos os esquimais ao redor do iglú..
Así nos quedou!!




Pingüin e Lucrecia...

 Hoxe vimos como son os pingüins. Tamén coloreamos un pingüin e lle pegamos papeliños. Despois presentamoslle a Lucrecia os nenos que entraron novos na aula, e aproveitamos para cambiarlle o look. Traballamos así as partes do corpo e as prendas de roupa.




martes, 10 de xaneiro de 2023

Mural de inverno.

 Hoxe fixemos o mural do inverno. Pintamos unha montaña nevada con rodillo e despois "montamos" un teleférico, cada neno decorou o sea vagón con pegadas. Aquí vos deixo unha mostra...