Hoxe tivemos no cole a Festa de Nadal!! Degustamos distintos postres típicos destas datas acompañados das nosas familias!!! Que ben o pasamos...Gracias a todos pola vosa colaboración e participación!! Felices Festas e Bo Nadal!
venres, 22 de decembro de 2017
xoves, 21 de decembro de 2017
Visita de Papá Noel!!
Hoxe veu a visitarnos Papá Noel...reparteunos algunha que outra chuche! Foi moi divertido aínda que houbo a quen non lle gustou a visita!!! Menos mal que a noite de Nadal deixa os agasallos e marcha senón....
mércores, 20 de decembro de 2017
Exploramos pedras.
Na xornada de hoxe estivemos explorando pedras, xogamos a encher e baleirar bandexas. Despois xogamos con aros en psicomotricidade.
martes, 19 de decembro de 2017
Exploración e psicomotricidade.
Na xornada de hoxe estivemos explorando botes: tapar-destapar, apilar, encaixar...e tamén tivemos psicomotricidade. Xogamos a pasar por debaixo dun túnel; pero poucos se animaron a pasar por debaixo...
luns, 18 de decembro de 2017
Exploramos papeis brillantes.
Hoxe exploramos papeis brillantes, as cores, os ruídos que fan ó apretalos, rompémolos e despois pegamos anacos na coroa do Rei Melchor. Pasámolo xenial!
venres, 15 de decembro de 2017
xoves, 14 de decembro de 2017
mércores, 13 de decembro de 2017
Mural de Nadal
Pintamos papel de estraza de cor branco ( como se fose neve), decoramos árbores con purpurina e despois pegámolos na paisaxe nevada...Mirade que bonito nos quedou!!!
martes, 12 de decembro de 2017
Exploración con papeis e confeti.
Nestes días estivemos explorando con papeis de distintas cores e texturas (rompelo, arrugalo...) e tamén con confeti.