venres, 30 de outubro de 2015

Festa do Samaín


Dende fai uns anos, baixo a influencia da cultura estadounidense, estase a espandir a festa de Halloween sin ser conscientes de que esta provén dun rito celta de ano novo que está presente na nosa cultura dende fai séculos: O Samaín.
O Samaín é unha festividade de orixe celta onde a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro servía como celebración da fin da temporada das colleitas e poñía fin ao verán.
Na escola quixemos seguir con esta tradición, polo que nos puxemos mans a obra. Collimos pincel e pintura e elaboramos uns morcegos terroríficos para ambientar o noso colexio e dar moooooito medo.


Coa axuda de todos vós, que nos achegastes cabazas puidemos decorar a nosa entrada dunha forma espectacular. Sen dúbida, temos unhas familias increíbles que fan verdadeira obras de arte e os cativos encantados e orgullosos das súas creacións.







Xa tiñamos a escola máis terrorífica preparada para o Samaín, só nos faltaba un pequeno detalle: a comida. Ui a comida, algo tan noso, como vai haber festa sen comida?? Pero tendo unhas mamás e papás tan xeniais que nos elaboran verdadeiras maravillas estamos a salvo (como catadora oficial destes doces típicos douvos a todos 3 estrelas Michelín, e porque non hay 4 que senón...) Tivemos biscoitos de cabaza, galletas, filloas, muffins de canela, magdalenas e moitas outras cousas. Rico, rico, delicious!!


Por fin, tiñamos tódolos ingredientes para un bo Samaín; cabazas, doces, música e moitas ganas de pasalo ben. E así foi, pasamos un día estupendo. 





De novo, dende a escola Raíña Lupa queremos agradecervos a todos e todas a vosa axuda e participación. Esperamos que os cativos/as desfrutaran tanto como nós e poder repetilo pronto.

Exposición de cabazas

Nos seus orixes, os celtas facían uso de caveiras para espantar aos espíritus antes de dar paso as cabazas, símbolo máis recoñecible do Samaín. Dependendo da zona de Galicia onde nos atopemos chamaranse de diferente forma: calacús, melones, bonecas...




















xoves, 29 de outubro de 2015

Informática

Na era das tecnoloxías os nosos cativos tamén queren aprender a manexarse neste mundo tan complexo. Dende a escola buscamos que o alumnado se familiarice co manexo do ordenador, así como unha pequena aproximación as TICs. Aquí vos deixamos unha mostra dos nosos primeiros pasos neste medio.