mércores, 22 de decembro de 2021

Aniversario Hugo

 Hoxe, fai un ano a uns papás tocoulles a mellor lotería que lles podía tocar: Naceu o seu precioso estilo Hugo. Parabéns meu rei!!




luns, 20 de decembro de 2021

Clasificamos por cores.

 Hoxe xogamos con letras e pedriñas de cores, e aproveitamos para clasificar por cores. Tamén exploramos con arroz e buscamos o obxecto que estaba escondido.




venres, 17 de decembro de 2021

Algunas cousiñas q fixemos esta semana!!

 Aquí vos deixamos unha pequena mostra do q fixemos esta semana.!! Seguimos ca temática do Nadal!! Bo finde!!




xoves, 16 de decembro de 2021

Arte: Los girasoles de Van Gogh.

 Hoxe fixemos unha "reinterpretación" dun cadro de Van Gogh: Los girasoles. Despois descargamos enerxía en psicomotricidade facendo aerobic.




mércores, 15 de decembro de 2021

Carapuchiña vermella

 Bos días!

Onte tivemos un conto de títeres de Carapuchiña Vermella.





Gustounos moito.

martes, 14 de decembro de 2021

Coidemos as praias!

 Hoxe rematamos o mural de medioambiental. Aprendemos a importancia de coidar as praias, para que os animais e as prantas que viven no mar non enfermen, para iso, cando imos a praia debemos de recoller a nosa basura e botala no contenedor correspondente.






venres, 10 de decembro de 2021

Traballamos relacionados con Nadal

 Seguimos facendo cousiñas.....aprendemos cousas novas!!



Bo finde!!

Obradoiros...

 Hoxe traballamos moito a motricidade fina; tivemos manualidades e plastilina. Cos macarróns que pintamos onte fixemos unha árbore de Nadal e despois xogamos coa plastilina.

E con esto rematamos a semana...Boa finde!!!





xoves, 9 de decembro de 2021

Actividades varias...

 Hoxe exploramos pan raiado, pintamos macarróns de cores para facer unha manualidade e  tamén lle demos un repaso e coloreamos os animais do mar, ( debuxos que nos trouxo un compi)...




martes, 7 de decembro de 2021

Medioambiental: o mar.

 Hoxe comezamos a facer o noso mural dos animais do mar. Primeiro pintamos o mar de azul, e despois puxémoslle área. Para a semana rematarémolo...




venres, 3 de decembro de 2021

Cousiñas de Nadal

 Boas tardes!!

Esta semana estivemos a facer tareas relacionadas co Nadal. 

Pegamos recortes de xoguetes..



Experimentamos con confetti.


Adornamos a nosa árbore da aula con motivos navideños.


Puxemos cola nunha árbore e botámoslle purpurina.






Bo fin de semana a todos!!

Unha semana máis...

 Nesta semana fixemos varias actividades, aquí vos deixo unha mostriña...

En medioambiental vimos a contaminación nos mares e os animais que viven no mar... seguiremos traballando neste tema para a semana....

Tamén vimos os animais de granxa e botámoslle un vistazo os salvaxes....

E para rematar hoxe exploramos adornos de Nadal e botellas sonoras...

Boa finde familias!!!











mércores, 1 de decembro de 2021

Manualidade de Nadal...

 Hoxe decoramos piñas con purpurina para facer unha manualidade navideña. Tamén xogamos coas formas xeométricas e coas letras.