luns, 29 de febreiro de 2016

xoves, 25 de febreiro de 2016

Medioambiental

Nestos días seguimos  realizando tarefas relacionadas co medio ambiente. Comezamos a familiarizarnos con conceptos novos. Neste caso  falamos da contaminación e de medidas sinxelas que podemos facer todos para contaminar o menos posible.
Por exemplo, a profe explicounos que o fume que expulsan os coches e moi malo para a natureza, por iso é importante non usar demasiado os coches, xa que temos outras alternativas para desplazarnos. Para ir a sitios que nos queden cerca podemos ir andando ou en bicicleta. E para ir a sitios máis lonxe podemos usar o autobús,  pois collemos moitos e asi non contaminamos tanto!!!

martes, 23 de febreiro de 2016

Xogamos con fariña!!!

Hoxe fixemos figuras xeométricas nas fariña.  O que empezou moi calmado rematou con festa de fariña! !!!

mércores, 17 de febreiro de 2016

Xogamos cos aros!!

Hoxe na clase de psicomotricidade, Xogamos a pasar polo medio dos aros!! Foi moi divertido!!! Dentro, fóra, arriba, abaixo, pase misi,pase misá, polas calles de Alcalá...jeje

luns, 15 de febreiro de 2016

Motricidade fina.

Nestos días, como novidade para nós, aprendemos a utilizar o punzón. Pareceunos unha actividade moi interesante! Gustanos facer cousas novas!

venres, 12 de febreiro de 2016

martes, 9 de febreiro de 2016

O ENTROIDO NO COLE

ENTROIDO 2016


Como todos os anos, chegou o entroido ó noso cole!!! Esta vez amenizado coa entranable e mítica Celia Cruz, que nos acompana neste post. Tivemos o día do desfile dos espantallos, que fixemos o venres pola mañá, e acabou con todos os nenos brincando coas follas do parque. Foi divertidísimo!!!!


                                           SOMOS OS ESPANTALLOS DA E.I.M.  RAIÑA LUPA!!!!

                                           XOGANDO NA RÚA COS ESPANTALLOS QUE NOS TROUXERON!!!
                                                O" MÁIS MELLOR", AS FOLLAS DO PARQUEEE!!!!
 O noso entroido rematou o luns coa festa do cole. Os papis e as mamis viñeron disfrazados tamén, e fixemos dous concursos: o de postres de entroido que gañou Mateo Nodar, e os de disfraces que gañaron Mateo González, que iba de pulpo, e Marco cos seus papis que iban de góticos, e Valentina foi a gañadora dos individuais,que foi de fresita!!! Entregaránselle os premios o día do festival de fin de curso.


 Papis!! Moitas gracias pola vosa colaboración, os nenos disfrutaron moitísimo e nós os adultos tamén. Coma sempre agradecer o magnífico desplegue das vosas dotes culinarias, e por suposto os maravillosos disfraces cos que enchestes o noso cole de cor e vida!!!!!