venres, 30 de abril de 2021

Ventana miscelánea

 Despois de dificultades técnicas, volvemos ás nosas ventaniña!!!!

Esperemos que a desta semana, vos encha o olliño.









Motricidade fina.

 Hoxe traballamos a motricidade fina. Asociación de cores e clasificación.





A xogar!!

Está semana xogamos con globos. A algúns gustoulle máis que a outros!!







Circuito sensorial cos pés

 Bos días!

Onte traballamos as texturas facendo un circuito sensorial cos pés....Quitamos tenis e calcetíns e a experimentar.....















xoves, 29 de abril de 2021

A horta de fóra

 Bos días!!

Aquí vos deixo unhas fotos da nosa horta exterior....

Xudías, chícharos...



Tomates....

Xirasoles...


A ver se segue así de ben...

mércores, 28 de abril de 2021

A cor azul.

 Hoxe traballamos coa cor azul. Pintamos con pincel e despois buscamos pola aula cousas de cor azul.





martes, 27 de abril de 2021

luns, 26 de abril de 2021

Feliz día do nen@!!!

Para celebrar o día do nen@ hoxe xogamos con globos. Pasámolo xenial!!! Ainda que levamos algún sustiño cando explotaban...😊



venres, 23 de abril de 2021

Día do Libro

 Velaquí unha publicación dende hai tempo. Entre os callos técnicos e demáis, estabades a quedar sen ventaniña semanal. Pois agora van ir varias publicacións, para que non vos perdades nadiña.









Día do libro: "Nicomedes o pelado"

 Hoxe para conmemorar o día do libro lemos un libro moi divertido: "Nicomedes o pelado". 

Despois fixemos un mural de Nicomedes entre todos e tamén fixemos o noso propio Nicomedes. Mirade que ben nos quedou!!!






Día do libro: Cocorico

 Bos días!!

Hoxe celebramos o día do libro lendo un conto que se chamaba: Cocorico.

Houbo quen se animou a lerllo despois aos compis....

E logo tamén debuxamos a Cocorico e ao gato Pelado....









E hoxe levamos para a casa un punto de lectura que decoramos o outro día!!!