martes, 31 de marzo de 2020

Ola de novo a todos!

Ola familias, como xa sabedes a maioría estiven de baixa, pero xa estou aquí, aínda que virtualmente, para compartir con vós estes momentos tan incertos con todos vos.Nestes días dareivos algunha guía para facer algo cos pequerrechos, por se vos apetece facer algo distinto . Ademais gustaríame transmitirvos forza, e moito cariño, e que nas vosas casas teñades moita tranquilidade. Ínstovos a que aproveitedes este tempo tan valioso coas vosas familias, que lle saquedes todo o proveito que poidades, mantendo sempre a positividade.

Os mais pequerrechos tamén poden facer moitas cousas. A miña proposta de hoxe son" as caixas dos tesouros". se tedes caixas na casa , sexan de zapatos ou mais grandes, enchédeas con distintos obxectos da cociña, baño etc, e deixade que os pequerrechos experimenten.

Por outro lado, sería bo que sacárades fotos das actividades que vaiades realizando!!!

Ánimo a todos . unha aperta moi grande. Arlette

Aula montse

Ola papis e mamis. Espero que esteades todos ben. Botámosvos moito de menos pero agora o que toca é quedarnos na casa para que poidamos volver a vernos moi pronto. Aproveitade estes días para disfrutar moito dos peques e xogar moito con eles cousa que habitualmente non temos moito tempo. Pero non vos olvidedes que hai q seguir traballando con eles e non perder os hábitos adquiridos durante este tempo e a poder ser traballar a través do xogo aspectos como a sicomotricidade esí á volta seguir traballando e evolucionando. Espero q nos vexamos pronto. Bicos.🤗😗

Aplicación gratuita do Proxecto Escondites

Boas familias!!

Igual sería bo, para non perder  moito o fío das tarefas que realizamos na aula,  que descarguedes a aplicación gratuita do noso proxecto. Deste xeito repasarán cousas que xa traballamos..
É moi sinxelo...Entrades en "Play Store" e poñedes "Escondites Editorial Casals"

App de Escondites.

Esta contén: xogos interactivos, video-contos populares, bits en castelán/inglés...tanto para os de 1 ano coma os de 2.

Aquí vos deixo a canción da nosa mascota....


Os animais.

Bos días a tod@s!
Hoxe querovos propoñer unha actividade sobre os animais. Trataríase de facer un mural con tres fondos diferentes: a selva, a granxa e o mar.
A actividade consiste en:

1° Facer unha búsqueda de imaxes de animais en revistas ou por internet e recortalas.
2° Colocar cada animal no fondo que corresponda.

Ex. A xirafa na selva. O cabalo na granxa. O peixe no mar.

Poñovos a continuación un enlace sobre o tema.


https://youtu.be/X1sQg4nxEe8

Saúdos!!!





luns, 30 de marzo de 2020

A Pascua

Boas a todos!

Xa falta pouquiño  para a Pascua así que vos deixo uns debuxos de ovos para que os peques poidan colorear...e ..depaso repasamos as cores: amarelo, vermello, verde, azul, laranxa, etc..








Chegou a primavera!

Xa chegou  a primavera, pero de momento a penas podemos disfrutar dela....
A miña proposta consiste en salir o xardín, os que teñades a facer unha recollida das diferentes flores que hai no voso xardín.
Uha vez recollidas poñemolas nunha mesa e observamolas, tocámolas, ulimolas....
Cales nos gustan máis?
De que color son?
Agrupamolas en grandes e pequenas.
Agrupamolas por cores.

Para os que non teñen xardín, facemos unha búsqueda por internet sobre os tipos de flores. Podemos imprimir algunhas e decoralas empregando difentes técnicas:
1. Pintamos coas mans.
2. Pintamos con ceras.
3. Pegamos papeliños.
4. Estampamos con corchos ou esponxas.
5. Etc...

youtube.com/watch?vs=uezJQyC5J7Q








domingo, 29 de marzo de 2020

Conto "O polo Pepe"

Boas a todos:
Aqui vos deixo a canción do" Polo Pepe" para que os peques recorden e non se olviden  do conto que tanto lles gusta!!!

venres, 27 de marzo de 2020

Na distancia..seguimos estando aqui...

Queridas familias e alumn@s!
Queremos transmitirvos que seguimos sendo esa gran familia que se  bota en falta.
Se precisan ánimos e a forza de tod@s para vencer esta situación tan excepcional que estamos a vivir.
Nunca debemos perder a ilusión...e ainda " quedando na casa" ...os nosos pequech@s..poden seguir facendo cousas ....
Unha delas, por exemplo pode ser este " cua cua" qué elaboramos mentres escoitamos este conto.....



Medioambiental!

Boas familias!
Tendo en conta que esto vai para largo....e como algúns de vos solicitastedes tarefas para non perder o rítmo, decirvos que intenterei poñer algunhas tarefas que podedes realizar na casa cos nenos ou enlaces que me resulten interesantes para traballar  de maneira lúdica dende a casa.
A miña primeira proposta sería de medioambiental. En concreto, eu nestes días estiven buscando formas de darlle unha segunda vida as bolsas de plástico. ocurreuseme facer un vestido con bolsas. A modo de exemplo, mandovos a foto e anímovos a que elaboredes algunha cousa feita con bolsas. Botade a voar a imaxinación e sorprendédenos!
Cando volvamos faremos unha exposición  con todas as vosas ideas e elaboracións na entrada do cole.
ÁNIMO FAMILIAS!


mércores, 11 de marzo de 2020

martes, 10 de marzo de 2020

Medioambiental!

Levamos un par de semanas preparando un espantapáxaros para poñer na nosa horta, feito con botellas e tapóns. E hoxe saímos a colócalo!!! Que vos parece????
















mércores, 4 de marzo de 2020

Prantamos legumes

Hoxe puxemos algodón nuns botes e botamos dentro: fabas, garavanzos e lentellas. Despois regamos e agora a esperar a ver qué pasa...xa vos ensinaremos..








Prantas aromáticas

Onte experimentamos con  distintas prantas aromáticas: romero, ruda, lavanda, fiuncho, loureiro, ourego, tomillo, menta, melisa, xeranio de olor, etc...que tocamos, ulimos...