venres, 31 de marzo de 2023

Aniversario de Fabio🎂🎂🎂

Hoxe celebramos o aniversario de Fabio. Ainda está de cumple o luns, pero como colle vacacións tivemos hoxe a celebración. 
Parabéns Fabio.... !!




Actividades desta semana!!

Esta semana aproveitamos para facer algunhas cousiña relacionada con pascua. Pintamos con rotuladores un ovo de pascua, fixemos un coelliño e xogamos ca mesa de luces. Felices Pascuas!!










Exploración con flores.

 Onte exploramos flores de primavera. Despois utilizamos algunhas delas para realizar un cadro de primavera. E o mércores decoramos unha bolboreta con papeis de cores.








mércores, 29 de marzo de 2023

Rematamos flores de reciclaxe🌹💐🌼💮🌸

 Bos días!

Rematamos as flores con material de reciclaxe para adornar de primavera as nosas árbores!!










martes, 28 de marzo de 2023

Exploración con pasta e outras cousiñas...

 Hoxe exploramos pasta crúa e fervida ( duro/ brando). Tamén pintamos uns oviños de chocolate con pincel. E onte enchemos botellas con legumes utilizando unha culler e un embudo. 






luns, 27 de marzo de 2023

mércores, 22 de marzo de 2023

Hoxe pintamos cos pés

 Hoxe pintamos cos pés..




Non nos disgustou a idea pero estábamos un pouco sorprendidos....

Logo lavamos os pés!!!

Onte exploramos herbas aromáticas.

 Exploramos, tocamos, ulimos distintas herbas aromáticas cómo: menta, loureiro, lavanda, romero, perexil...



Pintamos con tomates e limóns

 Estivemos pintando con limóns e tomates..



Ovo de Pascua.

 Hoxe decoramos un oviño de Pascua con legumes, arroz de cores e confetti. Traballamos así a motricidade fina( pinza).



venres, 17 de marzo de 2023

Instrumentos musicales

 E hoxe traballamos cos instrumentos musicales...


E logo coa mesa de luz...


Bo finde!!!

Experimentamos con espuma de afeitar..

 Onte exploramos con espuma de afeitar á que lle botamos cola e pintura amarela para facer unha manualidade para a pascua. Deste xeito traballamos as texturas..



Agora esperaremos a ver a manualidade ...

Actividades varias..

 Boas familias!!!

Regamos as sementes que prantamos para que nos medren...



Insertamos cordeles en pezas que teñen  un buraquiño no medio e tamén palitos de cores por un bote que ten moitos buraquiños...todo para reforzar a motricidade fina!!





Clase de expresión artística: pintamos coas mans...



Alimentos.

 Onte traballamos cos alimentos. Vimos  as súas cores e despois clasificamos según a súa cor. E para rematar degustamos algúns dos alimentos...




mércores, 15 de marzo de 2023

Motricidade fina: trasvase de legumes.

 Hoxe fixemos trasvase de legumes con cucharón, traballamos así a motricidade fina.

E onte pintamos froitas con esponxas.




venres, 10 de marzo de 2023

Esta semana tamén ...

 Traballamos os conceptos: frío/ quente experimentando con xeo...



Traballamos con bolsas de espionaxe...tiñamos que buscar por exemplo uns palitos de madeira no medio da fariña...


Pegamos papeis brillantes de cores..


Xogo simbólico ..facendo " comidas"..



xoves, 9 de marzo de 2023

Circuito sensorial.

 Hoxe realizamos un circuito sensorial cos pés. Traballamos así as diferentes texturas dos materiais.