luns, 28 de decembro de 2015

mércores, 23 de decembro de 2015

FESTA DE NADAL NO COLE!!!

Agora si que xa chegou o Nadal!!! É para celebralo fixemos unha pequena festa no cole para os nenos e para as familias.
Queremos aproveitar para dar as gracias pola colaboración dos pais, polos: biscoitos, turróns, rosquillas, polvoróns....Estaba todo delicioso!!!
A verdade é que todos xuntos pasamos un rato moi agradable e os nenos disfrutaron un montón da vosa presencia no cole.
Gracias a todos por vir e por participar. Para o ano repetimos!!!!!

Todo o equipo educativo da escola quere desexarvos:

FELICES FESTAS!!!!!

venres, 18 de decembro de 2015

Ven Papá Noel a vernos!!!

Hoxe veu ó cole Papá Noel, que nos trouxo bonequiños a todos os nenos e nenas do cole!! Cómo nos gustou!!!

martes, 15 de decembro de 2015

Chegou o Nadal!!!!

Chegou o Nadal, e con el un montón de actividades novas para realizar!!!
Nestos días realizamos un obradoiro de Nadal, no que realizamos diferentes tarefas:  carta ós Reis Magos, fichas sobre o Nadal, unha postal navideña e tamén realizamos un mural; e para facelo reciclamos CDs, decoramolos e pegamos a nosa foto. Para rematar fixemos unha árbore de Nadal con eles. Esperamos que vos guste tanto como a nós!!!!

Que chega o Nadal!!!

Hoxe pintamos e decoramos un boneco de neve . It's Christmas time!!

venres, 11 de decembro de 2015

O Nadal xa esta aqui!!

Este mes estivemos a traballar con purpurina botandoa nunha campá.. Pegamos papeis brillantes nunha árbore de Nadal, poñemos botons na postal, etc...E tamén celebramos o aniversario de Alexandre, que o día 15 cumpreu un aniño.. Moitos parabéns Alex..

Somos uns grandes músicos!!!

Hoxe tocamos un gran concerto ó ritmo de panxoliñas. Cómo disfrutamos coa música!!!

mércores, 9 de decembro de 2015

Aula Patri

Seguimos traballando e explorando novos materiais. Estos días exploramos con codia  de árbore; tamén vimos como os tapóns de cortiza flotan na auga, e como as pedras afunden. Tamén  exploramos botóns, traballando desta maneira tanto as cores e as texturas, coma os distintos tamaños. É para rematar fixemos unha manualidade sobre o Nadal con eles. Precioso nos quedou...pero isto aínda non o imos desvelar, xa que vai ser unha sorpresa para o Nadal.

domingo, 6 de decembro de 2015