venres, 29 de abril de 2022

Cousiñas que aprendemos esta semana!!

 Utilizamos distintas técnicas para pintar, fixemos crebacabezas e aprendemos a cor azul. Bo fin de semana!!






Ocio e actividades

 Esta semana fonos moi pouquiños na clase, pero fixemos igual cousiñas.




Motricidade fina...

 Hoxe traballamos a motricidade fina: ensartamos colares, cosemos e xogamos coa plasti. Tamén recollemos as nosas primeras xudías, que lle demos a Mila para que nos prepare unha rica comida!!!




xoves, 28 de abril de 2022

Actividades varias

 Esta semana traballamos....


Motricidade fina.




Motricidade grosa.


Vocabulario de obxectos de hixiene


Sombras de animais



Pintamos con diferentes técnicas plásticas: con esprai, con xeringas, ...




mércores, 27 de abril de 2022

Exploración con auga...

 Hoxe enchemos recipientes de auga con un embudo.  E despois pintamos unha rosa e un xirasol con pincel.




martes, 26 de abril de 2022

Horta e outras cousiñas...

 Hoxe fomos a horta a ver cómo medraron as nosas prantas e aproveitamos para regar. Ademáis vimos os animais do mar e asociamos animais coa súa sombra...





venres, 22 de abril de 2022

Carapuchiña vermella

 Hoxe contacontos de Carapuchiña vermella!!

Bo finde!!!


ACTIVIDADES

 Ahí vos vai unha ventaniña, coas actividades desta semana.



A


Traballos desta semana!!

 Experimentamos con pataca cocida, cubos de vocabulario, xogamos con globos e confeti e fixemos un marcador de páxinas para celebrar o día do libro que sería mañán día 23 de Abril









Día do libro: Monstruo Rosa.

Hoxe realizamos a lectura dun dos nosos libros favoritos: monstruo rosa. E despois realizamos un mural coas personaxes do mesmo.
Tamén debuxamos na pizarra dixital e repasamos as iniciais dos nosos nomes.






xoves, 21 de abril de 2022

Contacontos: O monstruo rosa

Na semana do día do libro.... tivemos un contacontos do Monstruo rosa, onde vimos moitos personaxes: o Monstruo rosa, o monstruo azul, o paxaro amarelo, a rá dos tres ollos e o bicho pelota. 

E logo pintámolos ...





E tamén clasificamos pompóns por colores..



Sesión de ioga e outras cousiñas...

 Aquí vos deixo un resumiño dalgunhas da actividades que realizamos onte máis hoxe: xogamos con tapas, pintamos cos dedos, vemos cómo medraron as xudías e regamos, realizamos unha sesión de ioga...





mércores, 20 de abril de 2022

Estos días....

 Rematada a Semana Santa retomamos as actividades...

Estos días, fixemos botellas sensoriais verdes e azuis..


Lavamos bonecos con auga e xabón.


Decoramos puntos de lectura que levaremos o venres para a casa con motivo do día do libro que é o sábado.



martes, 19 de abril de 2022

Retomamos as actividades...

 Acabaronse as vacacións e retomamos as actividades de aula. Hoxe cambiamoslle o look a Lucrecia, que despois de varios cambios decidimonos por este look máis primaveral... Repasamos partes do corpo e as prendas de roupa. Tamén fixemos algo de debuxo libre....





venres, 8 de abril de 2022

Actividades desta semana.

 Esta semana fixemos cousas moi variadas..fixemos un cadro, aprendemos a forma xeométrica: o círculo,fixemos un mural de garabatos e pintamos un debuxo para celebrar a Pascua!! Bo finde e feliz Semana Santa.






Algunhas das actividades desta semana foron....

Bos días!!

Esta semana tivemos exploración sensorial, un día exploramos flores..e logo pintamos con elas...


E tamén exploramos legumes, pedriñas, millo..



Facemos coelliños de Pascua 



Tivemos clase de Arte: G. Klimt e P.A. Renoir.




E traballamos as emocións co monstruo de Colores: limos o conto e logo pintamos monstruos de colores.




Bo fin de semana!!!