luns, 27 de febreiro de 2017

FESTA DE ENTROIDO!!!

Chegou o Entroido o noso cole....E celebrámolo como ven sendo habitual con un montón de actividades: murais de Entroido, decoramos máscaras....E sobre todo disfrazámonos!!!!
O venres disfrazámonos de superhéroes: Capitán América, Batman, Mujer Maravilla, Supergirl, Batgirl, Superman....


E o luns a tarde celebrámolo todos xuntos, en compañía de nais e pais...
Celebramos o concurso de filloas e de disfraces que xa ven sendo habitual dende hai uns anos...E puxemonos morados de filloas e orellas....Estaba todo para chuparse os dedos
!!!!

Estas son as que levaron o premio a mellor filloa de todas....


Non quedou nin unha soa!!!
En canto os disfraces, este ano tivemos gran variedade: piratas, princesas, ratiñas presumidas, comecocos, campesiña, galos, xoaniña, lobo, gato, cociñeiro, osos panda...
Os disfraces gañadores foron, na categoría individual: Arco IRis, e na grupal: Los Picapiedra.


  Algúns escaparonnos  antes de poder sacarlles unha foto....Pero queremos agradecervos a todos a vosa participación, gracias por colaborar e por vir a pasar un rato divertido connosco.
Os nenos ben o merecen!!!
Gracias de todo o equipo educativo.
Que disfrutedes do entroido e ata o ano que ven!!!


xoves, 23 de febreiro de 2017

Psicomotricidade

Hoxe en clase de psicomotricidade fixemos un circuito, no que tiñamos que pasar por enrriba e por debaixo dos obstáculos.

Mural de Entroido.

Esta semana pintamos con ceras brandas un mural de Entroido. Pintamos un cabalo e un Xeneral do Ulla. Despois pegámoslle plumas de cores. Mirade que chulo nos quedou.

venres, 17 de febreiro de 2017

Aniversario de Marinna!!

Hoxe celebramos o primeiro aniño de Marinha. Está feita unha chica xa!! Parabéns ruliña!!