martes, 28 de febreiro de 2023

Zume de laranxa e limón.

 Hoxe utilizamos o exprimidor para facer zume de laranxa e de limón. Despois probamos os 2, e polas caras que poñían...parece ser que o de limón non lles gustou...😋😀

 Traballamos así co sentido do gusto: ácido e amargo.

E onte pintamos unha fresa con esponxas...






venres, 24 de febreiro de 2023

Plantamos sementes.

 Hoxe plantamos lentellas en algodón. A ver co paso dos días se van xerminando...



mércores, 22 de febreiro de 2023

Festa de Entroido!!!

 Este luns por fin poidemos celebrar  a Festa de Entroido no cole, despois de 3 anos sin facela por culpa de pandemia. 

Disfraces, filloas, orellas e troula...non faltou nada!!!

Queremos darvos as grazas ás familias que participastedes tanto nos concursos como na festa en sí. 

Os gañadores do concurso foron:

- DOCES TÍPICOS DE ENTROIDO:

Primeiro premio: Avoas de Hugo Vigide.



Segundo premio: Avoa de Cloe.

Terceiro premio: Mamá de Mario Neira.

- DISFRAZ INDIVIDUAL: " A filloeira" ( Julia Vázquez)



- DISFRAZ GRUPO: "A colmena" (Antón)



Para o ano repetimos!!! Grazas familias!!!























venres, 17 de febreiro de 2023

O Entroido galego: Pantallas de Xinzo de Limia

 Este ano facemos unha homenaxe ao Entroido galego. Cada aula disfrazouse dun traxe típico de Entroido galego. Na nosa aula escollemos as Pantallas de Xinzo de Limia.

Mirade que guapos estamos!!!






O entroido galego: Boteiros de Viana do Bolo.

 Este ano quixemos facer unha homenaxe ó entroido galego. Cada aula disfrazouse dun traxe típico do entroido galego. Na nosa aula escollemos os Boteiros de Viana do Bolo.

Aquí vos deixo unhas fotiños. A qué están guapos?!!!







mércores, 15 de febreiro de 2023

Experimentación: xeos e chocolate.

 Hoxe exploramos cubiños de xeo: tocamos e botámolos na auga e vemos como se derriten. Despois exploramos chocolate derretido. Traballamos así as texturas e a diferencia entre frío e quente.




martes, 14 de febreiro de 2023

Fixemos un paiaso

Ainda que esta semana somos pouquiños , hoxe en mediombiental fixemos uns paiasos con rolos de papel hixiénico...



Paiasos!!!

 Hoxe disfrazámonos de paiasos. Mirade que guap@s estamos!!!














luns, 13 de febreiro de 2023

Mural de Entroido

 Hoxe fixemos mural de Entroido:  pintámoslle  o pelo a un  paiaso con rolos de papel hixiénico mollado en pintura de cores ..




Así nos quedou..




Manualidade de entroido.

 Hoxe decoramos unha corbata de paiaso con anacos de gomaeva e confetti.