Hoxe realizamos un circuito sensorial cos pés: pedras, cunchas, esponxas, lás, legumes...pintura.
martes, 11 de marzo de 2025
martes, 11 de febreiro de 2025
venres, 15 de marzo de 2024
Motricidade fina.
Hoxe realizamos diferentes accións para traballar a motricidade fina: abrir e cerrar cremalleras, pegar e despegar velcros, abotonar e desabotonar, abrochar e desabrochar.
luns, 14 de febreiro de 2022
Medioambiental: "Muiños de Vilanova"
Xa nos empezaron a chegar os traballiños que vos pedimos para medioambiental. Nesta ocasión é sobre os Muíños de Vilanova.
Non queremos perder a ocasión para darvos as gracias por colaborar no proxecto e animar ás demáis familias a participar.
Graciñas!
mércores, 9 de febreiro de 2022
Ácido e amargo!
Hoxe fixemos zumo de laranxa e de limón. O de laranxa gustounos a case todos, pero o de limón ...non moito! 😂
martes, 8 de febreiro de 2022
Saída ao parque!
Hoxe aproveitamos o soliño de media mañá e saímos o parque, pasámolo xenial!!!
E onte traballamos coas cores.
martes, 23 de novembro de 2021
Mural: Os Reis Magos.
Está a chegar o Nadal, e xa comenzamos a facer actividades sobre o tema. Hoxe fixemos un mural dos Reis Magos. Con axuda dunha plantilla pintamos a silueta dos Reis montados en camello, despois rematamos botandolle moita purpurina....Este foi o resultado!!!
xoves, 17 de xuño de 2021
Mural de verán.
Hoxe non poidemos sair ao parque...e aproveitamos para realizar un mural de verán! Coas mans pintamos uns cangrexos...
martes, 16 de marzo de 2021
Exploración con cítricos.
Hoxe exploramos cítricos, laranxas e limóns. Tocamos, ulimos, exprimimos e finalmente catamos! Por maioría decidimos que nos gustaba máis o de laranxa!!!😂😂😂
luns, 1 de marzo de 2021
mércores, 24 de febreiro de 2021
Pintamos con ramas.
Seguimos probando diferentes técnicas de expresión artística. Hoxe utilizamos ramas de pino. Mirade como nos quedou!
mércores, 11 de novembro de 2020
Os animais.
Hoxe fixemos un mural de animais da granxa e da selva. Xuntamos os recortes todos que trouxestes e fómolos pegando no noso mural. Descubrimos que hai un montón de animais!!!
mércores, 9 de xaneiro de 2019
Psicomotricidade,mural de inverno e exploración con area.
Esta semana comenzamos a traballar despois das vacacións. Elaboramos un mural coas prendas do inverno, os peques exploraron area, e hoxe fixemos un circuito de psicomotricidade. Pasámolo pipa!!!
martes, 12 de xaneiro de 2016
Reciclamos!!!
Seguimos traballando o tema da reciclaxe. Hoxe falamos dos restos orgánicos. No contenedor marrón botamos os restos de comida.
luns, 28 de decembro de 2015
martes, 15 de decembro de 2015
Chegou o Nadal!!!!
Chegou o Nadal, e con el un montón de actividades novas para realizar!!!
Nestos días realizamos un obradoiro de Nadal, no que realizamos diferentes tarefas: carta ós Reis Magos, fichas sobre o Nadal, unha postal navideña e tamén realizamos un mural; e para facelo reciclamos CDs, decoramolos e pegamos a nosa foto. Para rematar fixemos unha árbore de Nadal con eles. Esperamos que vos guste tanto como a nós!!!!
























