Hoxe exploramos piñas e despois utilizámolas para pintar.
Despois xogamos a introducir/sacar aros pequenos .
Hoxe exploramos piñas e despois utilizámolas para pintar.
Despois xogamos a introducir/sacar aros pequenos .
Estes días estivemos preparando o mural dos animais do mar. Cada neno pintou/decorou un animal utilizando unha técnica diferente: pintamos con esponxas, cos dedos, con corchos, con bastoncillos e tamén pegaron boliñas de papel e confeti.
Hoxe pintaron o fondo do mar con rodillos e as burbullas con tubos de cartón.
Pegamos todo e así quedou...
Hoxe xogamos coas bolsas sensoriais, exploramos area, cunchas e pedras. Despois fixemos estampacións con papel burbulla para facer unhas flores.
E así nos quedou...
Hoxe xogamos coa plastilina que fixemos a semana pasada. Está súper blandiña e gustanos moito traballar con ela!
Hoxe tocou explorar verduras, e "pringamonos" coa cabaza e ata fixemos "composicións" coas verduras.
Hoxe para rematar a semana, tocou sesión de informática, quebracabezas e biblio. E onte bailamos ao rítmo de: "el baile del cuadrado", que nos encanta!!! Aquí vos deixo unha mostra...
Boa finde!!!
Hoxe rematamos o mural de medioambiental. Aprendemos a importancia de coidar as praias, para que os animais e as prantas que viven no mar non enfermen, para iso, cando imos a praia debemos de recoller a nosa basura e botala no contenedor correspondente.
Hoxe comezamos a facer o noso mural dos animais do mar. Primeiro pintamos o mar de azul, e despois puxémoslle área. Para a semana rematarémolo...
Hoxe decoramos unha maceta pintando con bastoncillos, iniciándonos así na técnica do "puntillismo" ( pintar facendo puntos). Traballamos as nocións grande/pequeno e as cores.
Hoxe preparamos o noso rincón da cor verde: pegamos recortes, gomets, pintamos con pincel e coas mans. Despois xogamos con Lucrecia e cambiamoslle a cara, pero hoxe non debía de ter bo día...quedounos entre asombrada e asustada...😱😨
Hoxe traballamos coas partes da cara, en concreto coa nariz. Con fariña cada un pintou a súa nariz e despois puxémoslle unha nariz a un paiaso. Tamén traballamos a motricidade fina, intentando seguir trazos marcados con pedras.