Todos nós para acudir ao colexio facemos uso
das estradas en todas as súas variedades. Na maioría dos casos utilizamos o
coche para desprazarnos, pero tamén vimos a pé ou en autobús (en autobús
escolar eu diría que ninguén ajaja). Tanto uns como outros, a marxe do medio de
transporte que utilicemos, debemos respectar as normas de circulación para
deste xeito fomentar unha boa convivencia nas estradas e evitar posibles
accidentes e lesións.
A educación vial forma parte dese conxunto
especial de contidos nos que é preciso incidir de forma transversal ao longo da
etapa educativa. Por ese motivo, puxemos en marcha un circuíto no
colexio. O obxectivo principal é unha primeira toma de contacto coas normas de
circulación. Algúns símbolos que incluímos son os pasos de peóns, stop,
semáforo e as frechas que indican o sentido da circulación.
Os nenos mostráronse entusiasmados ante esta proposta, ¿e quen non o estaría? Utilizamos os coches e disfrazámonos para caracterizar as diferentes personaxes. ¿Soa ben non?, pois sí, desfrutamos moito de esta experiencia, ata incluímos a un peregrino camiño de Santiago!!!.
Todo saíu a pedir de boca, bueno todo todo
non, descubrimos que as rotondas non son tan fáciles como aparentan. Esperemos
non levar unha sorpresa e atoparnos con algunha multa por non seguir as
indicación como debéramos. Seguiremos
practicando!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario