mércores, 31 de xaneiro de 2024

Medioambiental: a xeneta.

Ésta semana, en medioambiental, investigamos sobre as xenetas. Aprendemos que se alimentan doutros animais, que cazan de noite, e dormen en guaridas. E para rematar fixemos un mural dunha xeneta.





Facemos zume.

 Hoxe estivemos exprimindo limóns e laranxas para facer zume. Despois probámolos, o de limón non gustou moito, pero o de laranxa estaba riquísimo!!! Traballamos así o gusto ácido e amargo. Despois pintamos con laranxas e limóns.




Diferenciamos cores

 Estamos aprendendo a diferenciar cores. Nun ábaco separamos as fichas por cores.





luns, 29 de xaneiro de 2024

Día da Paz.

 Mañá celebrase o día da Paz. E para conmemorar éste día, pintamos con corchos unha paloma.




venres, 26 de xaneiro de 2024

Actividades varias ..

 Algunas das actividades desta semana foron...

Estamos aprendendo a tapar e destapar caixiñas e a desenroscar tapas..



Pintamos un gorro con tapóns de cortiza...


Os do grupo 1-2:pintamos con ramas de pino..e os de 2-3 pintamos un porquiño con pintura de dedos..



E hoxe tocou exploración sensorial...


Aprendendo a insertar cordóns nuns tenis...






Actividades varias&!!

 Está semana seguimos cas actividades do proxecto. Aprendemos como se atan uns cordóns, lemos un conto, pintamos cunha pola de piñeiro e rematamos as nosas manoplas que as utilizamos para decorar a porta da clase. Para a semana máis. Boa fin de semana!!








xoves, 25 de xaneiro de 2024

Trasvase de legumes.

 Hoxe fixemos trasvase de legumes cunha paliña, seguimos traballando a motricidade fina.



mércores, 24 de xaneiro de 2024

Xeos de cores.

 Hoxe pintamos con xeos de cores unha manopla de invierno. 


Despois clasificamos legumes facendo a pinza:




martes, 23 de xaneiro de 2024

venres, 19 de xaneiro de 2024

Mural inverno!!

 Esta semana seguimos traballando cosas relacionadas con inverno e por fin rematamos o noso mural que está exposto na entrada. Quedou nos bastante ben.... Espero q vos guste. Boa fin de semana. Vémonos o martes!!




Puzzles

 Hoxe fixemos quebracabezas ...





Enfiar colares.

 Hoxe traballamos a motricidade fina intentando enfiar macarróns para facer un colar.




Colocamos animais nun parque: situación espacial..

Repartimos láminas dun parque e sacamos os animais  troquelados da lámina para logo pegalos....



Descubrimiento: debuxo invisible...

 Pintamos con pincel nun folio e descubrimos un debuxo...



xoves, 18 de xaneiro de 2024

Exploramos e pintamos xeo

 Hoxe exploramos  xeo . Vemos que está duro, frío e que se pasa un pouco tempo se convirte en auga.

Tamén os tiñamos : grandes e pequeños e de forma circular e cadrada.

Logo pintámolos de cor azul..



Exploración con xeos.

 Hoxe exploramos xeos de diferentes formas e tamaños: cadrados/círculos, grandes/pequenos. Percibimos a temperatura fría do xeo.






Mural de inverno.

 Nesta semana estivemos preparando o mural do inverno. Primero puxémoslle ollos, nariz e boca. E despois estampamos copos de neve.









mércores, 17 de xaneiro de 2024

Boneco de neve.

 Hoxe fixemos un boneco de neve con textura ( cola+ espuma de afeitar). E para rematar decorámolo con garbanzos de cores. 






martes, 16 de xaneiro de 2024

Exploración con papel hixiénico

 Hoxe exploramos rolos de papel hixiénico. Aproveitamos para traballar os conceptos longo/ curto e moito/ pouco.





E logo pegamos cachiños de papel nunha ficha...