Hoxe celebramos o cumple de Mara🎉🎉🎉
Moitos parabéns🎉😘
O curso está a piques de rematar e xa estamos a facer as últimas cousiñas. Pintamos un xeado e pegamos gomets nun peixe. Tamén experimentamos con papel triturado. Para a semana celebraremos o cumple do noso compi Raúl e xa entregaremos as carpetas e as avaliacións e comenzará o tempo de relax, que ben merecido o temos. Bo finde!!
Hoxe xogamos con papel triturado. Ata fixemos perrucas con él! E recordounos a Nicomedes o do conto, que poñía serpentinas na cabeza para tapar a calva...
Aproveitamos para leer o conto de Nicomedes o pelado.
Hoxe vimos un video sobre os animais do mar.
Logo pintamos con pincel unha tartaruga na que pegáramos papel burbulla.
Hoxe tratamos de pintar con spray.
Hoxe fixemos trazos en fariña. Despois fixemos trazos discontinuos nunha lámina.
E xogamos coas pezas de goma eva, cuncas e pinzas.
Hoxe xogamos coa mesa de luz, as letras e as pedras de cores. Intentamos identificar a inicial do noso nome.
Hoxe fixemos un mosaico pinchando pezas de cores nunha plantilla con buratiños.
Tamén pintamos utilizando o gotero.
Hoxe exploramos e xogamos con papeis brillantes. Despois decoramos un peixe con papel de celofán de cor azul.