mércores, 30 de novembro de 2016

Medioambiental.

Este martes pintamos rolos de papel hixiénico para elaborar uns coches, e puxémoslle as rodas cos tapóns q vos pedimos fai uns días, para  poder rematar a nosa cidade de reciclaxe.
Esperamos que vos guste como esta quedando!!

martes, 29 de novembro de 2016

mércores, 23 de novembro de 2016

Experimentamos con barquillos

O venres experimentamos con barquillos: collémolos, desmenuzámolos, aplastámolos e ata os comemos..Ésta posibilidade de investigar por sí mesmos failles avanzar  cara actividades motrices máis complexas como a acción de romper.  😃

Exploramos o purispán!

Hoxe en clase exploramos o purispán, desfixémolo todo e a clase parecía que estaba cuberta de neve!!! Encantounos!!!

xoves, 17 de novembro de 2016

Chega o frío!!

Cómo xa vai chegando o frío, nós imos preparando a roupa de abrigo. Queredes unha bufanda? Facémolas nun periquete😉

mércores, 16 de novembro de 2016

A cor amarela

Estés días, os de un aniño, estivemos a traballar coa cor amarela. Pasámolo pipa!!

luns, 14 de novembro de 2016

Medioambiental.

A semana pasada rematos de pintar e decorar os bricks que vos pedimos. Cada neno pintou o seu brick para elaborar a nos cidade de reciclaxe. E xa estamos comezando a darlle forma. Q vos parece???

venres, 11 de novembro de 2016

Aniversarios!!!

Hoxe celebramos os aniversarios de Pablo e César. Sopramos as velas e comemos gusaniños e biscoito!!! Parabéns para os dous!!!

Outras actividades

Estos días ademais de decorar as piñas, tamén: pintamos con rodillo,  experimentamos con cortiza branca e marrón, e tamén con pedras....A verdade é que as actividades manipulativas gustannos moito!!! E ainda nos quedou tempo para intentar facer unha torre con cubos de esponxa....Boa fin de semana e para a semana mais...

Decoramos piñas

Hoxe decoramos piñas: pintámolas co pincel e despois botámoslle purpurina..pintalas gustounos moito, pero a purpurina!!! Creo que foi a parar ata os pés...