martes, 12 de maio de 2020

Os alimentos 🍎🍊🍠🍆🍅🍄🍉🍲🍞🍟🍕🍔🍦

Bos días:

Hoxe imos traballar cos alimentos. Os tipos de alimentos que hai e cales son máis importantes e saudables,  polo tanto, deberíamos de comer máis; e cales son menos saudables e polo tanto deberíamos consumir o menos posible.
Para isto, podemos facer unha pirámide de alimentos.... E así, cando teñamos moitas ganas de comer larpeiradas, recordemos que debemos de comer pouquiñas, pero si comer moitas verduras e froitas para estar sans e fortes. 
Podemos aproveitar un folleto do super para buscar os alimentos, recortalos e finalmente pegalos na vosa pirámide.
Espero as vosas fotos! 😉 







Ningún comentario:

Publicar un comentario