Hoxe imos diferenciar as prendas de roupa de inverno e de verán, ou o que é o mesmo a roupa que poñemos cando fai frío, e a que poñemos cando fai calor.
Podemos realizala de 2 formas:
1. Pintamos e recortamos prendas de roupa e colocamolas ou ben nun mural ou en 2 caixiñas, unha para a roupa de inverno e outra para a de verán.
2. Outra opción e facelo con prendas de roupa que teñamos pola casa ( bufanda, gorro, guantes,abrigo, bañador, chanclas, vestido ... ) Poñemos 2 cestas ou caixas e identificamolas con un sol e un boneco de neve respectivamente e despois imos colocando as diferentes prendas onde corresponda.
Escollede a opción que máis vos guste e se vos apetece facer as 2 pois mellor que mellor!!!
Espero os vosos traballos!!!😉
Ningún comentario:
Publicar un comentario