Hoxe imos repasar as cores, co noso xa coñecido: "Monstruo de colores".
Como xa sabedes, o "monstruo de colores" ponse dunha cor ou doutra en función do seu estado de ánimo. Entón vouvos deixar diferentes imaxes do monstruo para que o decoredes da cor que lle corresponda.
- Vermello: enfado.
- Azul: tristeza.
- Verde: calma.
- Amarelo: alegría.
- Gris: medo.
- Rosa: amor.
- Colorines: confusión.
Podedes utilizar as técnicas que prefirades: pintar con ceras, con esponxas, cos dedos, con algodóns, pegar papeis...Incluso podedes facer cada monstruo utilizando unha técnica diferente.
Espero as vosas creacións!!!😉
Ningún comentario:
Publicar un comentario