Hoxe foi o noso primeiro día coa profe Patri. A verdade é que nos portamos xenial no seu primeiro día: traballamos, xogamos, cantamos....e fomos moi bos con ela. Por iso marchou tan contenta para súa casa.
Esperamos pasalo así de ben con ela tódolos días. Pero non nos olvidaremos de Laura, que foi unha profe moi especial para todos nós.
Moitas grazas por todo Laura. Bicos.
mércores, 11 de novembro de 2015
Aula Patri
martes, 10 de novembro de 2015
Estudio das especies autóctonas de Galicia
Seguimos a traballar na aula coas enquisas entregadas sobre as especies autóctonas de Galicia.Temos un estudio moi fermoso sobre a camelia, outro sobre o acivro, sobre a queiroa, etc.. Dámosvos as grazas a todos pola gran variedade de enquisas entregadas e pola alta participación dos pais..
luns, 9 de novembro de 2015
Carta de despedida
Boas noites:
Con moitos de vós tiven a oportunidade de falar e despedirme hoxe en persoa. Sen embargo, con outros non coincidín polo que vos pido disculpas e me despido por medio do blog.
Hoxe foi o meu derradeiro día nesta maravillosa escola. Fai uns minutos que saín pola porta da gardería, e ata ese momento non me din conta da tristura que me dá deixarvos. Sen embargo, lévome unha grata experiencia, uns bos recordos e voume contenta de coñecervos. Tamén vos pido disculpas por si en algún momento fixen ou dixen algo que poidera molestarvos. Desde logo esa non foi a miña intención, todo o contrario.
A moitos de vós xa vos coñezo do curso anterior. O primerio día que pisei esta escola parecíame imposible poder recordar todas as vosas caras e aínda máis asociarvos ao neno ou nena que viñades recoller (eses foron días difíciles, ajaja). Para outros, este é o primeiro ano que están na escola polo que lles dou a benvida.
Tanto a uns como a outros decirvos que ao longo de estes meses collinvos un gran cariño. Por iso, desexovos que teñades un bo curso escolar e moita sorte no futuro.
Un bico e unha aperta moi forte.
Laura
Semilleiro de froitos secos
Continuando co proxecto que puxemos en marcha ao principio do curso, o cal xira entorno as especies autóctonas, o pasado xoves dimos un paso máis.
Nestes días estades a entregarnos o resultado das vosas enquisas sobre o tema. Sabemos que isto supón un gran esforzo; por iso, dende a escola estamos moi contentos coa vosa alta participación e damosvos as gracias por colaborar nestas tarefas.
Na aula estamos a analizar os resultados das enquisas. Revisadas as que nos fixestes chegar ata o momento, aventuramonos a sinalar que a abeleira, castiñeiro, carballo e nogueira son as árbores máis recurrentes.
Por iso, decidimos facer un semilleiro de froitos secos con abelás, castañas, landras e noces contribuíndo así a recuperación e mantemento destas árbores nos nosos montes.
sábado, 7 de novembro de 2015
Aniversario de Daniel
Este venres celebramos o segundo aniversario de Daniel.
Os teus compañeiros e toda a escola desexamosche MOITAS FELICIDADES!!.
Esperamos que disfrutaras do teu día.
mércores, 4 de novembro de 2015
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





