Continuando co proxecto que puxemos en marcha ao principio do curso, o cal xira entorno as especies autóctonas, o pasado xoves dimos un paso máis.
Nestes días estades a entregarnos o resultado das vosas enquisas sobre o tema. Sabemos que isto supón un gran esforzo; por iso, dende a escola estamos moi contentos coa vosa alta participación e damosvos as gracias por colaborar nestas tarefas.
Na aula estamos a analizar os resultados das enquisas. Revisadas as que nos fixestes chegar ata o momento, aventuramonos a sinalar que a abeleira, castiñeiro, carballo e nogueira son as árbores máis recurrentes.
Por iso, decidimos facer un semilleiro de froitos secos con abelás, castañas, landras e noces contribuíndo así a recuperación e mantemento destas árbores nos nosos montes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario