mércores, 15 de abril de 2020

Medioambiental!

Boas familias:
Quero propoñervos que cada familia elabora na casa  un arco da vella con material reciclado (tapas, cartóns...) Tamén que o acompañedes cunha mensaxe de ánimo. Podedes poñer o que queirades, é libre!
Desta forma podemos seguir traballando co tema da reutilización de plásticos. Xa sabedes o significado de esperanza que ten o arco arco da vella; gustaríame facer unha cousiña entre tod@s que despois colgarei no blog.
Cando rematedes podedesme mandar un correo-e a:
 jairoikertm@gmail.com
coa foto do arco da vella que elaborastes. Se queredes saír na foto, mellor que mellor!
Espero as vosas creacións!
Tamén me podedes mandar as fotos do que elaborastes coas bolsas de plástico.
Aquí vos deixo o meu arco da vella!!!
Saúdos!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario