luns, 27 de abril de 2020

Aula bebés

Bos dias a todos. Espero que disfrutarades moito do voso primeiro día de paseo. Eso si xa sabedes hai que seguir facendo as cousas ben. Esta semana vamos a empezar a traballar algunha cousiña de cara o curso que ben e para eso temos que ir tomando contacto cas pinturas,cos pinceis... A actividade de hoxe é moi sinxela. Simplemente consiste en ofrecerlles ós nenos un folio en branco, darlle unhas pinturas e deixar q se expresen. O primeiro día seguro que o único que farán será mirar para a pintura e intentar levala á boca pero pouco a pouco iredes vendo como van evolucionando. A ver que tal. Gardade os traballos e á volta facemos unha carpeta. Coidadevos. 🤗

Ningún comentario:

Publicar un comentario