xoves, 29 de outubro de 2015
Estampacións con follas
Hoxe decidimos abrir a CAIXA DO OUTONO e recordar as cousiñas que recollimos na nosa saída. cada un de nós escolleu unha das moitas follas que recolectamos (a maioría de carballo) e fixemos estampacións coas cores do outono.
mércores, 28 de outubro de 2015
martes, 27 de outubro de 2015
luns, 26 de outubro de 2015
venres, 23 de outubro de 2015
Aniversario de Mateo
Mateo troixonos un peixino para comer!!!
Moi detallista e moi ben decorado.
Gracias, estaba rico, rico, delicioso!!!
mércores, 21 de outubro de 2015
venres, 16 de outubro de 2015
Educación vial
Todos nós para acudir ao colexio facemos uso
das estradas en todas as súas variedades. Na maioría dos casos utilizamos o
coche para desprazarnos, pero tamén vimos a pé ou en autobús (en autobús
escolar eu diría que ninguén ajaja). Tanto uns como outros, a marxe do medio de
transporte que utilicemos, debemos respectar as normas de circulación para
deste xeito fomentar unha boa convivencia nas estradas e evitar posibles
accidentes e lesións.
A educación vial forma parte dese conxunto
especial de contidos nos que é preciso incidir de forma transversal ao longo da
etapa educativa. Por ese motivo, puxemos en marcha un circuíto no
colexio. O obxectivo principal é unha primeira toma de contacto coas normas de
circulación. Algúns símbolos que incluímos son os pasos de peóns, stop,
semáforo e as frechas que indican o sentido da circulación.
Os nenos mostráronse entusiasmados ante esta proposta, ¿e quen non o estaría? Utilizamos os coches e disfrazámonos para caracterizar as diferentes personaxes. ¿Soa ben non?, pois sí, desfrutamos moito de esta experiencia, ata incluímos a un peregrino camiño de Santiago!!!.
Todo saíu a pedir de boca, bueno todo todo
non, descubrimos que as rotondas non son tan fáciles como aparentan. Esperemos
non levar unha sorpresa e atoparnos con algunha multa por non seguir as
indicación como debéramos. Seguiremos
practicando!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)













