venres, 11 de outubro de 2019

A Vendimia! 🍇

Chegou a vendimia ó cole! Hoxe sacamos de zapatos, remangamos os pantalóns e puxémonos "pés a obra"!!! Houbo a quen non lle gustou moito isto de pisar as uvas....pero en xeral resultou moi divertido!!! Gracias polas 🍇 familias!

xoves, 10 de outubro de 2019

Mural: O círculo!

Hoxe traballamos co círculo, fixemos un mural con círculos grandes, medianos e pequenos.

martes, 8 de outubro de 2019

Actividades varias.

A semana pasada estivemos pintando coas mans, fixemos pegadas...

Medioambiental!

Hoxe en clase de medioambiental reutilizamos tapas e tapóns para realizar un mural de outono. A ver se para a semana o rematamos! Tamén miramos cómo vai a nosa recollida de botellas e bolsas, e xa temos bastantes cousas!
Gracias familias!

venres, 4 de outubro de 2019

Aniversarios de Marcos, Hugo C. Y Valentina

Parabéns pequerrechos, e un pracer celebrar o voso primeiro aniño con vós. Pasástelo moi ben, así da gusto.

xoves, 3 de outubro de 2019

Exploración con cabaza!

Onte exploramos cabaza crúa e fervida. Traballamos así os conceptos duro/brando e as texturas.

martes, 1 de outubro de 2019

Medioambiental.

Hoxe comezamos coa clase de medioambiental. Estivemos falando de que hai contenedores de diferentes cores, en cada un botase un tipo de residuo. En concreto, o amarelo que sirve para os envases de plástico. Puxémonos mans a obra e pintamos os nosos propios contenedores amarelos, un para recoller bolsas de plástico e outro para botellas de plástico. Xa os puxemos na entrada para que nos vaiades traendo bolsas e botellas (de auga e de refrescos). E despois reutilizarémolos para realizar distintas tarefas.... Xa vos iremos contando!